domingo

Istoria da fundación do club

O club ciclista TEABIKES nace a finais do ano 2013, o club da nome a unha tenda de bicicletas situada en ANGOARES, o mesmo tempo unha serie de amigos deciden montar un club, uns para iniciarse no ciclismo e outros para competir.
Neste club pódese practicar calquera modalidade desde ciclismo de carreteira, ciclocrós, cros country, descenso, enduro..... e tamén apto para as escolas de mini btt, carreteira e descenso. (DH)
Este club esta Federado na FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO.
No seu nacemento contan con patrocinadores e colaboradores como Industrias Céspedes, Bopapel, Zapatería Marcos, Transrivan. e outros mais pequenos.

David Soto Prego será o seu primeiro presidente, acompañado por José Arjones, Rossi Gil e José Manuel Groba .....

No ano 2014 proclamase campión de España na categoría de Máster 30 José Manuel Groba en modalidade de Enduro.
No mesmo ano 2014 tamén se proclama campión de España na categoría de Máster 40 José Mario Rodríguez tamén en modalidade de Enduro.

No 2015 José Manuel Groba ficha por o club Xtrembike, e obtén numerosos éxitos ata a súa lesión.

No 2015 o club opta por crear as escolas cros country xco olímpico ou mais coñecido como mini btt, contando cun monitor e asumir as competicións como propias, nese ano entran no club Iago, Uxía, Iván, Pol e Nerea  sendo nese mesmo ano Uxía segundo do ranking Galego, Nerea primeira no rankig Galego, e Iago quinto no ranking da federación Galega nas súas distintas categorías.
No apartado de Escolas ciclismo de carretera Uxía rompe esquemas e gaña tódalas probas a onde vai, e Iago imponse en tres , logra un un segundo, un terceiro e un cuarto postos das seis que participa.
Neste ano desaparecen algúns patrocinadores importantes e só se quedan Transrivan, Véntana Hogar e Modas Maxi Diez.

Xa no 2016 o club reforzase cun monitor mais, e tamén con algún outro neno. É nese ano o que tamén consegue un palmares excepcional, Nerea, Uxía e Iago, quedan primeiros nos distintos ranking Galegos ou o que o mesmo os que mais puntos obtiveron as máximas puntuacións nas súas diversas categorías na disciplina de cross country xco olímpico minibtt. O club mantén os mesmos patrocinadores  Transrivan, Véntana Hogar e Modas Maxi Diez, e reciben apoios de material deportivo da Deputación de Pontevedra, tamén ese mesmo ano reciben a súa primeira subvención por parte do Concello de Ponteareas da concellaría de deportes, dirixida por Benito Marquez.



O Club sofre unha transformación, xa que entran e saen corredores de forma abismal.

No ano 2017 xurde unha nova directiva onde Xosé Henrique González Lago asume a presidencia acompañado por Rosi Gil de Vicepresidenta e de Jose Javier Arjones Reis de Tesoureiro.. son socios Honorificos José Manuel Groba e José Mario Rodriguez...


No ano 2017 Iago González acada o terceiro posto no campionato galego Kids Eliminator celebrado en Figueirido, Pontevedra organizado polo C.C. Val do Ullo.
Tamén acada o primer posto do ranking Galego en categoría Infantil minibtt con 2520 puntos fronte os 2495 do seu perseguidor.

Este mesmo ano Arjones e   Alcobia   acadan varios podiuns en distintas probas na categoria de Enduro Bici electrica.


No 2018 novas incorporacions o club, Uxía Fernandez vai marcando e mellorando rexistros balilando na cuarta e quinta praza de podiuns.
Neste mesmo ano o Promotor e constructor Regino Giraldez Boo cede unha parcela para o entrenamento dos mais cativos.
No ano 2019 o club ten un total de cinco monitores dous deles federados.

A escola ven recibindo axudas e subvencions da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Ponteareas, asi como colaboradores privados, como  BIZIEBIKE,PISCINAS PLANE,REGINO GIRALDEZ BOO, PICA&PICA, AUTOS MARIÑO, BOCATERIA BOCADOS