luns

Mini BTT Salcedo Pontevedra

Decimo cuarta cita do calendario Galego e desta volta a quenda era para o C.C Farto que organizaba a proba nos montes de Salcedo, cuns circuítos vistosos con zonas técnicas e zonas de rodadura.

O Teabikes agradece o C.C Farto que nesa organización contasen cos rapaces celíacos que tiveron o seu menú de avituallamento con produtos libres de glute. Tamén os clubs foron agasallados con diversos detalles onde foron sorteados entre os pais e nais asistentes.

Logo dunha excelente organización, dábase o pistoletazo de saída a primeira categoría e xa na segunda tomaba saída Uxía Fernández que en promesas femias facía unha espectacular saída chegando a situarse na segunda praza, a un circuíto de dúas voltas, con subidas e baixadas técnicas pero unha dura caida na baixada técnica fixo que a raider Ponteareán lograra acadar unha moi meritoria sexta posición
Uxía no sprint de saída
Xa na quenda da categoría Alevin Iago Carrera lanzábase durante toda a subida, adiantando pouco a pouco algúns dos seus compañeiros, nun circuíto de alevin a tres voltas moi técnico e duro de subidas, Iago tentaba resistir pero  foi dobrado na segunda volta xusto na meta.Así e todo a participación foi fenomenal xa que acabou a posición
Iago Carrera preto de meta
En categoría reina Iago González chegaba como líder do ranking pero unha mala saída e un mal dia con diversos atrancos entre corredores dobrados fixo que entrase nunha meritoria novena posición disputada ata a propia linea de meta xa que o corredor do Caimáns de Betanzos de segundo ano non llo puxo nada fácil xa que practicamente nas dúas ultimas voltas tiveron un bonito man a man.

Iago González na súa loita co corredor de Caimáns de Betanzos
A vindeira cita do calendario Galego levará os raider ata Porto do Son.

mércores

Mini BTT MONTE VIXIADOR 2.0

Decima terceira cita do calendario Galego e o club Teabikes fixo honores o dia da Patria Galega mantendo a bandeira Galega no seu staff e tamén levando o propio podio,  desta volta desprazamosnos ata Vigo, concretamente ata o parque forestal do Vixiador onde o Club ciclista 2.0 organizaba a cita deportiva cun circuíto moi rápido e con partes técnicas segun as distintas categorías.

Uxía no zic zac
A primeira era Uxía Fernández en categoría promesa femia que nunha carreira moi rápida a dúas voltas conseguía rematar na oitava posición, hai que destacar que as súas compañeiras de segundo ano na categoría llo puxeron moi difícil.









Xa en categoría Alevin Iván de Sousa e Iago Carrera tomaban a saída a un circuíto a tres voltas mais longo que o anterior ambos remataron a proba dando tódalas voltas, pero non tódolos raiders puideron facelo, xa que moitos foron dobrados e oubo mais dalgún caida.
As averias tamén pasaron factura algún raider. O club os felicita pola súa excelente participación.


Iván de Sousa esquivando a un corredor caido

Iago Carrera rematando o zic zac

Xa en categoría reina o infantil 1 Iago González amosaba o seu  mellor dia, marchando ata a terceira praza co corredor do C.C Cambre, a mala sorte fixo que este pinchase e Iago tivo que rodar so moitiso tempo, houbo que replantearse a estratexia xa que os corredores de segundo ano do Avanza e Coruxo viñan por atrás moi fortes, e Iago intentou marchar na segunda volta co Avanza pero os cambios de ritmo sumados o esforzo inicial foron moitos, xa na terceira praza, o Ponteareán tivo que resistir durante a ultima volta o acoso do corredor do C.C. Coruxo que tentou en varias ocasións adiantalo, pero Iago González defende a terceira praza con uñas e dentes ata propia liña de meta.......
Iago mantivo a raia o corredor do CC Coruxo defendendo a 3 praza do podio

Iago na 3 praza engalanado coa bandeira Galega

domingo

O Teabikes volve facer latexar o ranking na categoria Infantil

Vista da praia de Doniños



Decimo segunda cita do calendario Galego de Minibtt, e o club Teabikes desprazábase un total de 440 km ata o Pinar de San Xurxo, Doniños, Ferrol.
Iván de Sousa

Iago Carrera











A cita estivo marcada polo mal tempo onde a choiva fixo aparición de forma intermitente, e onde as nubes grises taparon o sol durante case toda a maña.A paisaxe virxe das rias altas daban a benvida a tódolos raiders Galegos, e namentres uns disputaban a proba outros observan a paisaxe e incluso como traballaban os percebeiros.
Cunha temperatura de 18º arrancaba a proba onde  voltaban a competición Iván de Sousa como Alevin 2 logo dunha lesión, e o acompañaba na súa mesma categoría Iago Carrera Alevin 1, ambos tocoulles a parte traseira da saída o non ter puntos no ranking.
Iago iniciando a baixada
Iván iniciando a baixada
A un circuíto de tres voltas os raiders Ponteareáns completáronas con éxito onde Iván foi recuperando sensacións e o seu compañeiro Iago resistía ante a superioridade dos de segundo ano, finalmente Iván de Sousa acadou a posición 32 e Iago Carrera a 36.

Xa en categoría raíña o infantil de premer ano Iago González tocáballe un circuíto a catro voltas, e nunha mala saída o Ponteareán ía dando espectáculo curva a curva ata colocarse na segunda posición, mantivo un bonito pulso co corredor do Cambre infantil 2, e quizais esa superioridade dun ano foi o detonante de non poder responder a un ataque, onde Iago veia como o corredor do Cambre lle metía uns metros sen poder alcanzalo.
Iago González remontando posicións
Iago en plena subida


























O Ponteareán entraba na meta en segunda posición satisfeito e moi contento alzando os brazos xa que sumaba 145 puntos e volvíase colocar novamente líder do ranking cunha diferencia en positiva de cinco puntos co corredor do Avanza.
Iago González no segundo posto


A seguinte cita e este martes, no parque forestal do Vixiador, en Vigo.

sábado

IAGO GONZÁLEZ ACADA A TERCEIRA POSICIÓN NO XCE ELIMINATOR 2017 KIDS


O club ciclista Val do Ulló organizaba a proba denominada XCE eliminator 2017 nas inmediacións do campo de fútbol de Figueirido, e a Federación Galega de Ciclismo dáballe o máximo nivel a proba calificandoa de Campionato de Galicia.



Ambos optaron por darlles a oportunidade a canteira ciclista galega coa categoría eliminator kids que se disputou no mesmo circuíto a unha volta a un total de un Km cunhas características moi técnicas con subidas rompedoras e baixadas moi técnicas, pero non dándolle o nivel de campionato Galego a canteira, so foi para as categorías júnior, elite, máster e superiores.


En KIDS Correron un total de 14 raiders das categorías cadete 1 e 2 e infantil 1 e 2. A proba iniciouse cunha volta o circuíto cronometrada onde o Ponteareán marcou o mellor tempo da súa categoría con 2,46.248 minutos, e a partir de hai empezou os emparellamentos, nesta proba a organización acordou a facelo en saídas de tres en tres corredores clasificándose os dous primeiros para a seguinte manga.
O Ponteareán fixo voar a súa Scoot de 29" e impúxose na primeira manga, e tamén na segunda manga, e xa na terceira a proba foi cos catro mellores das anteriores mangas.


Iago González acadou a terceira posición sendo infantil 1, o segundo posto para o CC.Marín con infantil 2 e o gañador do Avanza como Cadete 1.


O club felicita os organizadores, dado que os participantes tiveron, agasallos, fisioterapeutas,avituallamento, e un excepcional trato así como unha excelente organización.


O club tamén agradece a colaboración de Xtrembike ,Modas e Complementos Javi Rial Redondela, Bocateria Bocados, Cafetería Castelao, Véntana Hogar, Transrivan,Areal Madeiras e as institucións de Deputación Pontevedra, Concello Ponteareas e Xunta de Galicia, sen a suma de todos a pequena escola de ciclismo Ponteareán non houbese sido posible acadar estas participacións nas probas.

luns

V mini btt de SANXENXO

Decimo primeira cita do calendario Galego e desta volta nos levou ata Sanxenxo onde o club Corbelo organizaba a cita deportiva.
Empezaba a un circuito a duas voltas a promesa de primer ano Uxia Fernández que nunha excelente participación acabada unha moi meritoria oitava posición.

Xa en categoria infantil Iago González que chegaba segundo no ranking, facia unha espectacular saida que durante unha volta e media liderou a proba, o biker tivo moi mala sorte xa que na primera volta e cunha ventaxa acumulada de 20 segundos unha cinta do circuito enganchouse na sua bicicleta tendo que parar, a partir de ahi o corredor do C.C Coruxo daballe caza e comenzaba outra vez, vendo como era superado por varios corredores, xa na entrada de meta os arbitros deron a 5 praza o corredor do Avanza, unha posicion moi axustada xa que ambos entraron o sprint, finalmente unha sexta praza a un circuito de 2400 metros que se disputou a tres voltas, parte do percorrido foi do XC do día anterior.
A seguinte cita sera o proximo 23 de xullo en Ferrol...

O club aclara que a información pública que consta nas clasificación non son correctas xa que Iago e Infantil 1 e non como consta Infantil 2.












Escolas Carretera Pontevedra

Este fin de semana o sabado disputouse en Pontevedra e organizada polo club ciclista Farto a primeira proba de Escolas de carretera a cal fumos a participar da man de Iago Gonzalez remantando nunha meritoria 16 posición detras de Pablo Vidal do C.C Teis.
O club tivo que facer unha reclamación o non constar na clasificación. Asi e todo si tiramos de clasifición por ano fumos o segundo en infantil 1 entrar en meta...para o ano haberá espectaculo.

mércores

Entrenamentos e xogos

Chegou o fin do cole e iniciamos os entrenamentos de maña, coñecendo novos lugares, e como non practicando xogos como o pateiro.... eso si, aqui diversión asegurada....




IV MINI BTT DE BETANZOS

circuito Infantil
Décima proba do calendario Galego de minibtt e  o club Teabikes chegaba ata Betanzos con un único participante, os festexos e quendas fixeron imposible que os raiders puideran asistir.


Ata alí chegaba Iago González en categoría Infantil, o raider chegaba como líder do rankin con 1245 puntos seguido do C.C. MARIN e Avanza empatados no segundo lugar.

A proba foi a cinco voltas nun circuíto practicamente plano, con algúns obstáculos, como troncos, e pequenos montículos de terra.

O biker ponteareán tivo un mal dia, arrastrado por síntomas dunha gastroenterites que durante a semana peligrou a súa presenza na proba.

A pesar de todo o dia foi moi duro e o biker resistiu durante varias voltas os ataques do bikers, pero finalmente falto de forzas entrou nunha meritoria oitava posición sumando 115 puntos e cedendo o premer posto o C.C Marín cunha vantaxe agora de 15 puntos.


resumen 1 volta de recoñecemento

Iago González situándose na parrilla de saía como líder.