xoves

Minibtt Ponteareas

O calendario Galego de minbtt chegou ata Ponteareas, aquí na propia terra disputouse a proba no circuíto de entrenamento do CC.Ponteareas.
O Teabikes que arrastra unha serie de baixas moi consideradas dos seus raider por  enfermidades, e por cuestións de custodias de nais e pais, fixo que fose unha única representante a que defendera con moito impetú os colores do club.
En categoría principiante femina Uxía lanzábase a un circuíto de dúas voltas, nunha excelente saída a Ponteareán de premer ano meteuse nas primeiras posicións, e foi a finais da primeira volta onde   nunha curva de terra batida levouna o chan. Así e todo, sen ningún dano remontou e fixo un bo rexistro asinando a sexta praza na chegada a meta.
A próxima cita será en Ferrol.


Minibtt Vilaboa

O club ciclista val de Ulló organizou a proba do minibtt do calendario galego, ata alí dous raiders disputaron a proba, por un lado Noe, na categoría principiante e a seguir Uxía, ambos remataron sendas probas, nun circuíto extremadamente duro para os cativos, que tivo como factor negativo unhas moi altas temperaturas.