domingo

MINIBTT CORUXO

Última proba do calendario Galego de minibtt e a Ponteareán Uxía remataba en Coruxo na quinta praza de podio despois de facer unha excepcional saída, o circuíto sumado as altas temperaturas foron pasando factura, así e todo unha excepcional temporada da raider, que no ultimo tramo de temporada tivo uns resultados excepcionais. Parabéns¡¡!!




MINI DH CORUXO

Ata CORUXO- VIGO desprazábase Alexy e Uxía, finalmente e ante unha pequena lesión so tomaba a saída Uxía en categoría Principiante que logo de dúas mangas a raider do TEABIKES era quen de firmar a quinta praza de podio, nesta última proba.





luns

Minibtt MEDELA CERVO

Ata terras de CERVO -LUGO desprazouse a escola do TEABIKES para disputar a minibtt organizada polo club MEDELA, na súa primeira organización dun evento de escolas, escolleron un circuíto técnico e moi esixente no aspecto físico.
En categoría principiante femina Uxía alcanzaba a cuarta posición de podio, logo dunha excepcional saída.


venres

MINIBTT CAMBRE

O Club TEABIKES chegaba ata Cambre para disputar a proba de minibtt ata alí chegaba Uxía despois de recuperase da carreira de O Carballiño onde unha mala indisposición levouna o abandono.
Tamén foi baixa, Noé onde un accidente domestico apartouno do que queda do calendario galego, para el  unha pronta recuperación.

Ata Cambre chegou Uxía, e nun circuíto a dúas voltas a Ponteareán firmou unha sexta praza.