Finalizamos o ano con unha variante do TC1, existe algunha mais, pero deixamolo para a vindeira ocasión...... ata a proxima e felíz ano novo 2017
CLUB ESCOLA TEABIKES PONTEAREAS

Etiquetas
- 2013 Fundación
- 2014 TV mini btt
- 2014 VIGO BIKES CONSTEST
- 2015 ENDURO
- 2015 Entrenamentos
- 2015 Mini Btt
- 2015 Premios
- 2016 Carretera
- 2016 Duatlón
- 2016 Entrenamentos
- 2016 Entrenamentos Mini Enduro - DH
- 2016 Mini Btt
- 2016 Mini DH
- 2016 TV
- 2017 Carretera
- 2017 ELIMINATOR KIDS
- 2017 Entrenamentos
- 2017 Mini Btt
- 2017 TV
- 2018 Carretera
- 2018 Mini Btt
- 2018 TV
- 2019 Escolas Carretera
- 2019 Minibtt
- 2019 minidh
- 2020 ENDURO
- Axudas públicas
- Campeonato España Infantil
- Colaboración Xtrembike 2016
- Colaboración Xtrembike 2017
- Colaboradores 2019
- Coñece o meu club
- COÑECE O MEU CLUB 2017
- COVID 19
- CSD
- DHU 2019
- DUATLON 2019
- ENDURO 2017
- Enduro 2018
- Ensino Ponteareas
- Entrenamentos 2018
- Formación
- FORMACIÓN 2019
- Iván González
- Lotería Nadal
- Novas
- Portugal
- PORTUGAL 2020 XCO
- Rutas
- TAXAS LICENCIAS 2020
- XCO INTERNACIONAL
- XCO NACIONAL OPEN ESPAÑA
sábado
xoves
Hoxe rematamos as tres xornadas de Coñece meu club, realizadas no CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, temos que felicitar os participantes que fixeron unha excepcional xornada de entrenamento, tamén os que conseguiron andar sen os rodins, e os maiores e os seus pais que hoxe nos acompañaron por unha das nosas zonas de entrenamento habituais.O noso agasallo foi un diploma de participación.Esperamos para o ano poder volver facer esta actividade....Noraboa a todos !!!
sábado
TRAMO TC4 A PICARAÑA
Novo dia de entrenamentos, e visitamos o TC4 con dúas variantes posibles dereita e esquerda, así como o desenlace do tramo final... espectacular os raiders e como non o día, que nos ofreceu unhas vistas inmellorables.....
mércores
Tramo TC3 completo
Nova xornada de entrenamento, e novo estudio do tramo desta vez completo, como xa dixemos anteriormente técnico o principio e logo un tramo rápido con zonas de pedaleo.....
domingo
TRAMO A PICARAÑA TC3
Sábado pola tarde e facemos un entrenamento libre, imos a coñecer o tramo TC3, hai aló menos dúas variantes de baixa nalgún treito, a que discorre practicamente en linea recta baixo o tendido da alta tensión, e a que vai facendo unha serpente paralela a linea de alta tensión, hai onde escoller, é un tramo complicado na primeira parte, pero logo vaise moldeando, e fai que xente sen experiencia poida pasar unhas boas sensacións..
venres
COLABORACIÓNS 2016
Todos o coñemos como Jose, quizais o coñezamos por ser o home de verde, que nos OPEN XTREMBIKE EVENTOS abre as probas co dorsal 0, un historico do club, que aporta a súa experiencia o mundo do enduro e descenso. Noraboa bó traballo !!!
xoves
TRAMO A PICARAÑA TC5
Hoxe xoves e intentando aproveitar o máximo o dia, que estaba nubrado e con previsión de choiva, fixemos un estudio do tramo TC5, é un tramo moi rápido e a rapidez fai que en algunhas zonas a técnica sexa exacta, cousas tan sinxelas como tomar a mellor trazada antes de entrar nunha curva rápida. O tramo no seu final ten unha zona pedregosa, con auga no inverno. Os raiders estiveron a altura, tocounos unha forte tormenta e acabar os ultimos metros en plena oscuridade.
Coñece o meu club
Os dias 22,27 e 29 calquera neno ou nena poderá participar nos entrenamentos do club dende as 18h ata as 19 horas, os entrenamentos serán dentro do pavillón do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, debido as condicións climatolóxicas.... para poder participar deben enviar un wasap o numero 667331069.
O club Teabikes pon en practica o denominado programa "Coñece o meu club" e esta adscrito as plataformas Galicia saudable e Galicia Activa.
martes
TRAMO A PICARAÑA TC2
Hoxe fixemos o premer estudio do tramo TC2, tomando nota e procurando non ter ningunha caída, todo isto conseguímolo os raider estiveron a altura. Proximamente iremos engadindo mais...
Entrenamentos a cuberto e zonas abertas.
Dende o ano 2015 contamos coas instalacións do Colexio Público Mestre Ramiro Sabell Mosquera, xa que a súa dirección se volcou con nos para que os rapaces teñan un sitio o cuberto onde poder facer os nosos entrenamentos no inverno. Todo o que se nos plántea nos circuítos, planificámolos e os intentamos reproducir. Son cuestións técnicas que sempre repasamos.
Entrenamentos en A Picaraña
Entrenamentos en marchas en San Silvestres
luns
domingo
Rutas para practicar BTT, CROSS COUNTRY, DESCENSO....
Galicia ofrécenos un lugar onde podemos practicar diversas modalidades aquí deixámosvos algunhas rutas de interese....
Algo que tedes que ter en conta nos vosos deseños de rutas e a temporada de caza que vai dende o día 16 de outubro de 2016 o 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive, coas excepcións que poderedes atopar neste enlace...
Recordade que en rutas de monte adentro vos poderedes encontrar con algúns temerarios...
XCO CROSS COUNTRY
- Ruta circular do Tea 40 km de dificultade baixa, transcorre dende Ponteareas enlazando co rio Uma, Rio Mendo, Rio Miño e Rio Tea chegando a Ponteareas.Esta ruta ofrécenos a posibilidade de facer rutas mas cortas dende Fornelos 20 km, Pesqueiras 25 -30 km.
- A parte a ter en conta e cando collemos o paseo asfaltado do Miño dende a gravera ata o parque da A Canuda dado que moita xente vai de paseo ocupando os carriis de bicicleta e algúns levan os cans soltos, a partir do fin da A Canuda ata Ponteareas non hai problema. O tramo a destacar para unha aprendizaxe na mtb e dende Fornelos ata Ponteareas, pola senda orixinal dos pescadores.

- Ruta do Tea Ponteareas - Mondariz 15-20-30 km dificultade baixa, transcorre dende a ponte da carreteira Nacional 120 dirección Mondariz a beira do rio Tea marxe esquerdo, esta totalmente señalizada, unha vez se chega a Mondariz hai varias variantes para facer mas km, esta ruta e ideal para iniciarse no btt,
- Os aspectos negativos desta ruta e a masiva afluencia de peatons con cans que chegan a ocupar o estreito paso. Tamén un aspecto a ter en conta que non e apta a grandes velocidades debido as pontes de madeira que están construídos o largo de toda a ruta, a madeira esta moi humeda, e hai moitos accidentes xa que resbala.
DESCENSO - ENDURO
- Ruta de A PICARAÑA, alí encontraredes ata tres tramos, o primeiro parte dende a cruz no alto de A Picaraña ata Arcos, o segundo ata Canedo (fonte) e o terceiro ata o deposito de augas. Tamén hai variantes que podedes facer.
- Ruta de O GALLEIRO Esta ruta ofrécenos moitas posibilidades, dende subir o Galleiro dende Ponteareas, ata Padróns pola senda do Tea, e logo dirixíndonos o campo de fútbol de Padróns, unha vez no campo de fútbol teredes ata dúas variantes polas pistas forestais.
Outra variante e dende Ponteareas pola senda do Tea ata Ribadetea e subir por Cillarga, unha vez alí tamén hai varias opcións de subir ata o Galleiro.
- Si levades unha bicicleta convencional e subides a primeira vez collede sempre as pistas forestais mais anchas, que rodea o monte Salgueirón, recordade de levar unha aplicación movil ou GPS como o ENDOMONDO ou STRAVA xa que en caso de perdida o mapa GPS e de grande axuda, recordade que no inverno o alto do O GALIÑEIRO pódese cubrir de néboa en pouco tempo.
- Ruta Alto de SANOMEDIO as Neves 30 km ida e volta dende Ponteareas podedes remontar a senda do río Uma ata a ponte Celeiros logo colledes dirección pistas de motocrós de Taboexa, unha vez alí, dirección enlace autovía, e no alto a pista que entra no monte arriba, hai varias variantes que vos levará ata o mais alto, tamén podedes subir pola pista asfaltada. A subida e de dificultade alta e o descenso nalgún tramo e moi técnico.
- Ter en conta que neste lugar vos atoparedes con algúns que practican motocrós e mesmo vos atoparedes con quads.
- Ruta de Cabeiras San Fins ARBO
- Ruta de Alto de A Franqueira
Espacio en CONSTRUCIÓN en breve mais.......
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)