domingo

Rutas para practicar BTT, CROSS COUNTRY, DESCENSO....

Galicia ofrécenos un lugar onde podemos practicar diversas modalidades aquí deixámosvos algunhas rutas de interese.... 

Algo que tedes que ter en conta nos vosos deseños de rutas e a temporada de caza que vai dende o día 16 de outubro de 2016 o 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive, coas excepcións que poderedes atopar neste enlace...



Recordade que en rutas de monte adentro vos poderedes encontrar con algúns temerarios...

XCO CROSS COUNTRY



  • Ruta circular do Tea 40 km de dificultade baixa, transcorre dende Ponteareas enlazando co rio Uma, Rio Mendo, Rio Miño e Rio Tea chegando a Ponteareas.Esta ruta ofrécenos a posibilidade de facer rutas mas cortas dende Fornelos 20 km, Pesqueiras 25 -30 km.
    • A parte a ter en conta e cando collemos o paseo asfaltado do Miño dende a gravera ata o parque da A Canuda dado que moita xente vai de paseo ocupando os carriis de bicicleta e algúns levan os cans soltos, a partir do fin da A Canuda ata Ponteareas non hai problema. O tramo a destacar para unha aprendizaxe na mtb e dende Fornelos ata Ponteareas, pola senda orixinal dos pescadores.

  • Ruta do Tea Ponteareas - Mondariz 15-20-30 km  dificultade baixa, transcorre  dende a ponte da carreteira Nacional 120 dirección Mondariz a beira do rio Tea marxe esquerdo, esta totalmente señalizada, unha vez se chega a Mondariz hai varias variantes para facer mas km, esta ruta e ideal para iniciarse no btt, 
    • Os aspectos negativos desta ruta e a masiva afluencia de peatons con cans que chegan a ocupar o estreito paso. Tamén un aspecto a ter en conta que non e apta a grandes velocidades debido as pontes de madeira que están construídos o largo de toda a ruta, a madeira esta moi humeda, e hai moitos accidentes xa que resbala.

DESCENSO - ENDURO



  • Ruta de O GALLEIRO   Esta ruta ofrécenos moitas posibilidades, dende subir o Galleiro dende Ponteareas, ata Padróns pola senda do Tea, e logo dirixíndonos o campo de fútbol de Padróns, unha vez no campo de fútbol teredes ata dúas variantes polas pistas forestais.
        Outra variante e dende Ponteareas pola senda do Tea ata Ribadetea e subir por                     Cillarga, unha vez alí tamén hai varias opcións de subir ata o Galleiro.

    • Si levades unha bicicleta convencional e subides a primeira vez collede sempre as pistas forestais mais anchas, que rodea o monte Salgueirón, recordade de levar unha aplicación movil ou GPS como o ENDOMONDO ou STRAVA xa que en caso de perdida o mapa GPS e de grande axuda, recordade que no inverno o alto do O GALIÑEIRO  pódese cubrir de néboa en pouco tempo.
  • Ruta Alto de SANOMEDIO as Neves 30 km ida e volta dende Ponteareas podedes remontar a senda do río Uma ata a ponte Celeiros  logo colledes dirección pistas de motocrós de Taboexa, unha vez alí, dirección enlace autovía, e no alto a pista  que entra no monte arriba, hai varias variantes que vos levará ata  o mais alto, tamén podedes subir pola pista asfaltada. A subida e de dificultade alta e o descenso nalgún tramo e moi técnico.
    • Ter en conta que neste lugar vos atoparedes con algúns que practican motocrós e mesmo vos atoparedes con quads.
  • Ruta de Cabeiras San Fins ARBO
  • Ruta de Alto de A Franqueira


Espacio en CONSTRUCIÓN en breve mais.......