venres

Día mundial contra o Cancro de Mama

Dende a Asociacion de Cancro de Mama de Ponteareas, ASCAM Pilar Domingo invitanos a participar  na marcha que se celebrara en Ponteareas, para elo  fan un chamamento a participar e levar unha prenda de cor rosa, saira dende a praza maior de Ponteareas ata a Freixa e volta ata o praza maior, sera o sabado 21 de outubro as 17 horas.

Dende o Club Teabikes sumamosnos e invitamos a cidadania a participación na mesma.

Coñece o meu club

O club escola Teabikes  hoxe dia 5 levou a cabo a sua actividade coñece o meu club onde 410 nenos pudeiron participar en varios circuitos  diseñados segundo a sua idade.

.
Foron acompañados polos mais veteranos do club, e xuntos disfrutaron de novos aprendizaxes enriba das monturas.

Os pequenos biker coñeceron novas técnicas.

G.P San Froilan Lugo

Última xornada do calendario de escolas de carretera e ata Lugo novamente desprazouse o Club Teabikes, con dous representantes nas categorias Alevin e Infantil. 

En categoría Alevin 1 Iago Carrera lanzabase a un circuito de catro voltas, onde nunha saída o sprint quedou un pouco descolgado do grupo principal, pero o biker foi quen de aguantar volta a volta e rematar a proba, as catro voltas.Foi a sua segunda carreira de carretera, onde os de segundo ano non llo puxeron nada facil.

Iago Carrera entrando en meta.


En categoría Infantil o biker Iago Gonzalez de primer ano, daba un total de dez voltas a un circuito practicamente plano, o Pontarean aguantou o ritmo dos mais rapidos de segundo ano volta a volta, e tamen os distintos cambios de ritmo, mesmo foi quen de anular a un grupo de escapados, logo do tremendo esforzo, xa na última volta, xogouse todo nun sprint, onde entrou nunha meritoria decimo terceira posición.
Sprint final