venres

G.P San Froilan Lugo

Última xornada do calendario de escolas de carretera e ata Lugo novamente desprazouse o Club Teabikes, con dous representantes nas categorias Alevin e Infantil. 

En categoría Alevin 1 Iago Carrera lanzabase a un circuito de catro voltas, onde nunha saída o sprint quedou un pouco descolgado do grupo principal, pero o biker foi quen de aguantar volta a volta e rematar a proba, as catro voltas.Foi a sua segunda carreira de carretera, onde os de segundo ano non llo puxeron nada facil.

Iago Carrera entrando en meta.


En categoría Infantil o biker Iago Gonzalez de primer ano, daba un total de dez voltas a un circuito practicamente plano, o Pontarean aguantou o ritmo dos mais rapidos de segundo ano volta a volta, e tamen os distintos cambios de ritmo, mesmo foi quen de anular a un grupo de escapados, logo do tremendo esforzo, xa na última volta, xogouse todo nun sprint, onde entrou nunha meritoria decimo terceira posición.
Sprint final