domingo

G.Premio La Milagrosa LUGO

O club Teabikes desprazábase ata Lugo, concretamente ata a Avenida Infanta Elena, onde as 16 horas iniciouse a proba de Escolas de carretera unha proba organizada polo Club Ciclista Milagrosa na súa 54º edición, ata alí un único representante tomaba a saída en categoría Infantil.
Iago González participou nun circuíto a 15 voltas, facendo un total de 18km aproximados, onde o Ponteareán xa esta co chip de pre-temporada 2018.
Coñecendo circuítos novos como é o de Milagrosa en Lugo o obxectivo era aguantar o máximo o nivel dos mais rápidos.


Iago González no centro do pelotón
O vindeiro sábado o club desprazarase novamente ata Lugo a participar nun novo circuíto como é o de  San Froilán.