mércores

Mini BTT de CAMBRE, ÚLTIMA PROBA


O club ciclista Cambre , pechaba a organización do calendario Galego de minibtt, cun total dezanove probas puntuables para o ranking galego das distintas categorias.
O organizador marcou o sabado de tarde como dia D, e convocou os raider as 16,30 horas, e o club Teabikes desprazabase un parcial de 170 km ata esas terras para disputar a última xornada.340 km totais.
Uxía alcanzou a séptima praza.

Cunha temperatura de 30º graos, nun lugar onde se votaba en falta o aire, e nun circuito practicamente plano sen practicamente desniveis nas distintas categorias, e con moito agarre o ser en leiras de cultivo, tomaba a saida a primeira participante na categoría promesa femima Uxía Fernandez que a duas voltas o seu circuito a raider Pontarean remaba na sexta praza.

Ivan de Sousa na primeira volta
Ivan sa segunda volta

Xa en categoría alevin masculino, os raiders Ivan de Sousa e Iago Carrera, a un circuito mais longo que o da sua compañeira, remaban as duas voltas mellorando as suas marcas personais das anteriores participacións nas distintas probas.
Iago Carrera na segunda volta
Iago enfrontando a baixada



En categoría reina o Infantil de primer ano, Iago González remataba a temporada alcanzando o obxetivo marcado, ser igual que no ano 2014,2016 e agora no 2017 o raider con maior puntuación no ranking Galego, cun total de 2520 fronte os 2495 do seu perseguidor, tal como indican a suma das clasificacións dos totais das probas.
Iago González  

A un circuito practicamente plano en tres tercios e a catro voltas, na sua saida era pechado por varios raiders que impediron que se escapara, algo habitual nalgunhas carrreiras por parte dalgun club, quen sabe con que intencions, pero o Pontarean tratou de sair do embrollo e situouse na septima praza, e a mantivo ata entrar na meta sabendo que era unha posión valida para renovar o liderato 2017.


Unha temporada dificil, xa que o raider de primer ano enfrontouse a infantis de segundo ano , o Pontarean pelexou ata a liña de meta, calquera posición buscando a maxima puntuacion posible carreira a carreira.
Iago González Lider do ranking Galego 2017....



Facendo reconto aparte do calendario completo do minibtt o Pontarean sumou tamen o terceiro posto acadado na edicion Eliminator Kids 2017 celebrada en Figueirido-Pontevedra, e organizada polo C.C Val do Ullo.Nunha proba onde a loita foi moi dura, xa que tivo que enfrontarse a categoria superior cadete 1 e 2 e os de segundo ano da sua propia categoria infantil.


O club so ten palabras de agradecemento para toda a familia do minibtt asi como a felicitación aos raider que participaron nalgunha ou en todalas probas, e aos colaboradores que sin eles seria imposible manter vivo este club, agradecementos a Xunta de Galicia, Consellleira de Deportes, Deputación de Pontevedra, Concello de Ponteareas, XTREMBIKE Ponteareas, Transrivan, Ventana Hogar, Javi Rial Modas e Complementos MAXI DIEZ Redondela,Bar Bocados, Cafeteria Castelao e Maderas Areal.