domingo

Mini BTT CARBALLIÑO

Décimo oitava proba do calendario Galego de minibtt e desta volta a quenda era para o C.C Carballiño o que organizou e deseñou a nova carreira.
Nun lugar tranquilo e cun circuíto moi rodador para tódalas categorías iniciábase a proba con ameaza de choiva e treboada, pero esta non fixo aparición ata rematar a proba.

O club ciclista Teabikes desprazábase uns 90km aproximados e ata a cita finalmente chegaban Uxía Férnandez, Iago Carrera e Iago González, contratempos últimos descartou a presenza doutros raiders.
Os raiders posan con Begoña Carpintero secretaria da Federación Galega de Ciclismo
A pequena raider daba a saída en categoría promesa 1 femina, e aínda que foi quen de aguantar ata quinta praza do podio ata primeira volta, xa na segunda algún contratempo relevouna a septima praza, hoxe era o día das mais rápidas, xa que o circuíto practicamente non tiña partes técnicas.

Uxía en plena baixada


En categoría Alevin 1 masculino a quenda foi para o raider Iago Carrera, que chegaba con ansias de mellorar as súas marcas persoais, e o raider non defraudou, fixo unha excepcional saída, e foi remontando posicións, xa remontado e na metade da primeira volta unha baixa cun xiro de 180º  levouno a parte exterior do circuíto caindo o chan nunha moi mala posición, e tivo que ser atendido polos servizos médicos para descartar posteriormente unha lesión.Dende o club moito ánimo para Iago, o de hoxe son cousas que pasan...

Iago Carrera recibe as últimas instruccións 
Iago a piques de sair
Iago na primeira volta
Iago a piques de recibir a súa medalla

Xa en categoría reina o infantil 1 Iago González que durante toda a semana arrastraba problemas de saúde, e mesmo o dia anterior había dubidas da súa participación na proba, finalmente tomou a saída.
Iago González recollendo o trofeo do segundo posto do podio
Nunha saída en costa arriba viuse superado por algúns dos seus compañeiros, pero o Ponteareán resolveu de forma rápida e ata a segunda volta liderou a proba marchando na primeira posición, algún dobrado e algunha fenima que tivo que adiantar, xa que hoxe saíron con tan so dous minutos de adianto sobre os rapaces, fixo que nunha zona técnica tivese que reducir a súa velocidade para ir adiantando, feito que o corredor perseguidor serviulle para arrebatar a primeira praza a partir da segunda volta, finalmente acadou a segunda praza do podio nun dia incrible.