domingo

Mini BTT de BIKE PARK VILLALBA


Uxía Fernández do TEABIKES entra no seu premer podio

O club Teabikes desprazouse ata Lugo concretamente ata o Bikepark Outeiro situado na parroquia de Santaballa (Villalba) un desprazamento de 440km para disputar a decima sexta proba do calendario de minibtt e antepenúltima da temporada.

Cun bo madrugon os raiders tomaban a carretera con destino o Bikepark, unha nova proba incluida este ano no calendario, cheos de ilusións para coñecer o que todos xa habían descrito como un lugar para pasalo ben, e aprender ou amosar a destreza nas distintas zonas que ten,Pump Track Race,Dirt Jump, Four Cross, e o lugar non desilusionou os raiders.

A xornada comezaba gardando un minuto de silencio en memoria das vítimas falecidas nos atentados de Barcelona, onde o ciclismo galego fixo un rexeitamento a tal barbarie.
Uxia no 5º posto recollendo a sua medalla
Xa metidos no ámbito deportivo, cunha maña con moito aire frio e moito pó a raider Uxía Fernández categoría promesa femina 1, tomaba a saída a un circuíto a dúas voltas moi técnico facendo unha das súas saídas e colocándose na terceira praza, toucoulle a zona de four cross e a Ponteareán fixo unha boa exhibición, pasada a primeira volta perdía algunha posición ante a superioridade física das compañeiras de segundo ano na categoria e finalizaba en postos de podio ocupando o quinto posto do
Uxía camiño de meta no seu 5º posto de podio
En categoría Alevin Ivan de Sousa alevin 2 e Iago Carrera alevin 1 lanzábanse a un circuíto a tres voltas, moi técnico e case sen posibilidades de adiantar debido a zonas estreitas e moi tecnicas onde a trazada determinaba seguir enriba da montura, onde tamén o pó fixo que fose outro compoñente de dificultade para os raiders. Ambos remataron todalas voltas cun meritorio recoñecendo por parte do club da súa participación.

Iago Carrera na súa primeira volta

Ivan de Sousa na súa primeira volta
Xa en categoría reina a quenda era para Iago González infantil de primeiro ano, que facía o circuíto mais longo coas zonas mais técnicas como o four cross e outras engadidas pola organización, nunha mala saída tivo que remontar ata chegar a terceira posición, xa na segunda volta un fallo mecánico da súa cadea, fixo que tivese que parar, o raider foi quen de reparar a incidencia e viuse relegado a septima posición.
Iago González intres antes da súa averia
O club felicitou a Uxía polo seu primeiro podio da temporada, xa que a raider levavao tentando xa dende algunhas xornadas.

A penúltima cita será en Ourense concretamente no Carballiño.