luns

Mini Btt Porto do Son

O Club ciclista Sonense organizaba a decimo quinta proba do calendario Galego de minibtt, e optaron por un monte próximo a Porto do Son.
O deseño do circuíto moi duro para tódalas categorías, con moitas curvas de 180 graos e moitos repeitos practicamente nas ladeiras do monte.

Ata alí desprazáronse Uxía Fernández, onde a promesa femia a un circuíto a dúas voltas tentou por momentos postos de podio, nunha saída fantástica  no primeiro cuarto de volta  aguantaba a terceira praza pouco a pouco pasou a cuarta e logo a quinta posición, a raider rematou a proba nunha moi meritoria sexta praza.
Uxía remantando un repeito...........Fotos Luz Iglesias

Xa en categoría Alevin o raider de primer ano Iago Carrera facía unha fenomenal participación a un circuíto de dúas voltas, moito mais longo que a súa compañeira Uxía, Iago rematou a proba nunha meritoria cuadraxésima segunda posición.
Nunha saída de mais de medio cento de corredores, e tocándolle saír atrás foi case imposible ir recuperando postos, non tódolos raides remataron a proba, polo que só nos queda felicitalo.

Iago Carrera pasando pola zona de pedras.........Foto Luz Iglesias
Xa en categoría raíña Iago González infantil de premer ano facía unha das súas espectaculares saídas colocándose  no premer cuarto na cabeceira da proba, un problema mecánico  fixo que perdese ata seis postos, pero a sorte estivo do seu lado, solventando a situación remontou posicións ata chegar a o grupo do terceiro e cuarto, xa no último xiro o circuíto con curvas de 180 graos e estreitez  non permitiu poder facer un sprint, xa que do ultimo xiro a meta practicamente non houbo metros.Así e todo rematou nunha meritoria quinta praza de podio.
A dificultade añadiuse  xa que nesta proba as feminas saíron cuns minutos por diante o ser menos de cinco, e en moitas viraxes o ritmo de carreira houbo que paralo para ir adiantando.


Iago González liderando a proba.  Fotos Luz Iglesias
Iago González na quinta praza.


Dende o TeaBikes queremos felicitar o Club Ciclista Sonense por haber tido en conta os rapaces celíacos na elaboración dos seus avituallamentos.... parabens!!!!!