luns

Mini btt Maceda

O club ciclista Maceda organizaba a decimo quinta proba do calendario Galego de Minibtt, e ata alí desprazáronse varios compoñente do equipo.

Na reunión de directores o organizador propoñía unha volta menos os circuítos  Principiantes, Alevins, e Infantís alegando a festa organizada pola noite.. 

Iniciaba a proba Uxía Fernández na categoría promesa femia de primeiro ano, que a un circuíto a dúas voltas, a Ponteareán situábase terceira no sprint de saída e mantiña a posición pasada media volta, xa na primeira volta perdía algunha posición as rivais apretaban e finalmente entraba nunha meritoria sexta posición novamente rozando postos de podio.
Uxía camiño de meta.















Xa en categoría Alevin Iago Carrera corredor de primeiro ano na categoría, facía unha fenomenal saída pero un enganchon cun rival na primeira curva fixo perderlle tódalas posicións gañadas, tendo que volver a intentalo outra vez. Foi adiantando a algúns rivais e finalmente rematou as tres voltas o circuíto.O Ponteareán fixo unha excelente participación e deu leccións de como se baixa polas partes difíciles.




Iago Carrera esquivando a zona de area.



 Xa en categoría reina infantil  Iago González corredor de premer ano na categoría, enfrontábase os de segundo ano. O biker Ponteareán que saia na primeira praza rebentou a carreira cunha saída que o colocou no premer cuarto na cabeceira, e a partir de hai foi perdendo posicións ante a superioridade física dos de segundo ano. Ainda así tivo a ocasión de entrar na sexta praza e a piques estivo de acadar a quinta praza.
Iago no salto a piques de enfrontar a baixada. Foto Luz Iglesias


Temos que dicir que aínda que no regulamento están prohibidas as axudas, na carreira de Maceda observamos como o corredor local que ía por diante de Iago, tina unha caida e era axudado a levantarse e incluso como lle recuperaron a bicicleta que se foi o lado contrario, sinalar tamén como algúns recibiron avituallamento liquido.... algo que fai que a posición acadada tena moito valor