domingo

Minibtt CAMBRE

A escola do TEABIKES desprazouse ata Cambre para participar na última proba do calendario galego, foron en total 17 probas por todo territorio Galego.

O club organizador deseñou varios trazados segun as distintas categorías.

Abría a participación Uxía Fernández que nun circuíto a dúas voltas, conseguía facer un cuarto posto de podio, a biker fixo unha moi boa saída arrancando primeira e logo cedeu ata tres posicións.









Na categoría reina Iago González facía a súa despedida do minibtt saíndo na segunda grella de saída e colocándose no grupo cabeceiro ata a terceira volta, foi unha saída dura onde o Ponteareán remontou moitas posicións, finalmente entrou na sexta praza da clasificación final da proba.

So nos queda felicitalo pola excelente participación no minibtt dende os seus inicios dende os sete anos, con grandes vitorias, saídas espectaculares, e esa gran mostra de non vencerse xamais aínda que haxa momentos difíciles. Este ano 2018 renunciando a posibilidade de liderar o ranking, para facer a preparacion do ciclismo de carretera, conseguindo esa convococatoria da seleccion Nacional e facendo unha dobre temporada, correndo o sabado, domingo e festivos. Grazas por ese ciclismo de ataque, grazas por ese inconformismo, Botarémoste moito de menos!!!! Grazas CAMPIÓN!!!

Iago González na súa última participacion de minibtt en Cambre.