domingo

Mini BTT de POIO

Ata o monte da escusa no alto de Poio chegaba a única representante do club TEABIKES para disputar a proba de minibtt en categoría principiante, a Ponteareán fixo unha boa saída e nunha excepcional participación a piques estivo de entrar na quinta praza, finalmente unha moi meritoria sexta praza nun circuíto cunha moi boa organización.



Minibtt Ribadumia

Ata Ribadumia chegaba Alexis en categoría promesa B, a disputar as dúas voltas da súa proba, un circuíto deseñado con moitos obstáculos e moi divertido, e así foi como rematou o raider Ponteareán as súas voltas.
En categoría principiante feminina Uxía acababa a oitava praza, un circuíto a dúas voltas moi divertido e con moitos obstáculos, nunha tarde onde o protagonista foi o calor.

Minibtt BEMBRIVE - VIGO

Ata Bembrive Vigo chegaba a disputar a nova proba de minibtt, Alexis que en categoría Promesa B completaba as dúas voltas o circuíto facendo unha excelente participación.
Xa en categoría principiante A masculino Noe nun circuíto deseñado a dúas voltas lanzouse pola carreira pero a mala sorte fixo que na saída tivese un desmonte de cadea, xa na segunda volta e unha vez recuperando moitas posicións, unha nova avaría deixouno fora dos dez primeiros postos.
En categoría principiante femina Uxía marcaba o oitavo mellor rexistro onde a Ponteareán non se amidonou a súas rivais de segundo ano.
Un dia fantástico onde o principal obxectivo era participar.

mércores

Minibtt O Porriño

Este sábado dábase a terceira cita do calendario Galego de minibtt organizado pola AD Avanza e que escolleu desta volta o monte da Risca, deseñou un moi bo trazado para os mais cativos.
Cunha boa organización do evento deportivo tomaban a saída as 10 da maña, e en categoría promesa b estreábase este ano Mateo que a dúas voltas o circuíto remataba as voltas acordadas pola organización.
Xa en feminas e categoría principiante Uxía lanzábase o ataque nunha saída fantástica onde se situou na terceira praza, pero o inimigo non foron os rivais senón o barro que había na maior parte do circuíto e que relegouna a unha meritoria septima praza.
En categoría principiante Noe tamén facía unha moi boa participación, a medida que corrían mais categorías o terreo era mais brando e tivo que facer grandes esforzos para poder manterse enriba da montura, así e todo rematou as dúas voltas facendo unha moi boa participación.