mércores

Minibtt O Porriño

Este sábado dábase a terceira cita do calendario Galego de minibtt organizado pola AD Avanza e que escolleu desta volta o monte da Risca, deseñou un moi bo trazado para os mais cativos.
Cunha boa organización do evento deportivo tomaban a saída as 10 da maña, e en categoría promesa b estreábase este ano Mateo que a dúas voltas o circuíto remataba as voltas acordadas pola organización.
Xa en feminas e categoría principiante Uxía lanzábase o ataque nunha saída fantástica onde se situou na terceira praza, pero o inimigo non foron os rivais senón o barro que había na maior parte do circuíto e que relegouna a unha meritoria septima praza.
En categoría principiante Noe tamén facía unha moi boa participación, a medida que corrían mais categorías o terreo era mais brando e tivo que facer grandes esforzos para poder manterse enriba da montura, así e todo rematou as dúas voltas facendo unha moi boa participación.