mércores

Minibtt en Arteixo

A segunda proba de minibtt chegou ata terras de Arteixo, onde o club mb3 organizou a proba no circuíto do club Saltamontes.

Cunha excelente organización humana e nos propios deseños dos circuítos, tomaron a saída os dous raiders do TEABIKES que ata alí se achegaron en categoría principiante.



Uxía, que saia na primeira parrilla de saída, acadaba unha meritoria sexta praza logo de dar as tres voltas nun circuíto dun km de distancia, deu a batalla ata os últimos metros intentando acadar quinta praza.


Xa en principiante Noé arrancaba a súa primeira participación dende atrás de todo penalizado por non ter puntos no ranking, nunha saída excepcional colocouse nos doce primeiros da proba, pero na segunda volta, un desmonte de cadea con caida incluída deixouno sen opcións de rematar a proba.








A próxima cita será en O Porriño.


O club Teabikes agradece a Estudio de Fotografía M de Arteixo,  a autorización de publicación dalgún do seu material fotográfico.