sábado

MINI DH URBAN EN MONDARÍZ

Un detallazo de Borja posando cos raider do TEABIKES
Ata Mondariz desprazase Uxía e Noé ambos na estrea de categoría principiante para participar na dh urbana organizada polo CC.Ponteareas  en homenaxe a Borja Gómez un autentico campión que a pesar de ser un rapaz con síndrome de down, demostra a sociedade a súa valía e loita diaria con obxectivos constantes de superación.


Os dous raiders fixeron unha moi boa participación si ben Uxía na clasificación provisional era cuarta, Noe as 23 horas da noite descoñecemos a súa clasificación o non estar aínda colgada na paxina web oficial, un dato que a Federación Galega de Ciclismo debería de mellorar.

Ambos raiders enfrontáronse  as distintas ramplas e obstáculos de forma brillante nas dúas mangas, nun dia onde a choiva fixo presencia, hai que,  recoñecer que esta non e unha modalidade moi entrenada polo noso club.




Medallas de participación como o mellor premio a unha xornada fantástica