luns

MINIBTT MACEDA

Ata Maceda chegaron varios raider do TEABIKES, finalmente e coa choiva e o mal tempo so tomou a saida en categoria Principiante femina Uxia.
O clube Maceda tratou de minimizar o impacto da choiva colocando varias carpas para os mais cativos, pero a decision final de participar no noso caso sempre e dos pais e nais.

Nun circuito moi vistoso, a raider Pontarean firmou unha sexta praza.

Hai que salientar que na vispera desta proba celebrouse a parte do minidh de Xunqueiras de Espadañedo, o tradicional paseo do Vagalume pola vila de Maceda ata o Castelo, e logo alguns optaron pola acampada nas inmediacions do circuito e as piscinas municipais.

MINI DH XUNQUEIRA DE ESPAÑEDO


En Xunqueiras de Espadañedo celebrouse a primeira edición do minidh, en categoría principiante un total de catro corredoras aparecian inscritas, pero nos entrenamentos previos oubo dous abandonos, polo que a raider Pontareana tiña a opcion de loitar pola primeira posición.
E a piques estivo de facelo, xa que a sua rival na segunda manga tivo unha caida, pero fixo valer o tempo da primeira manga, Uxia neste caso sin contratempos e ningunha das mangas non foi quen de mellorar o tempo da corredora do Coruxo. Paraben a todas!!!!

venres

Minibtt Salcedo

O club ciclista Farto organizou a proba de minibtt nos montes de Salcedo unha excelente organización, un lugar privilexiado onde a comunidade de Montes de Salcedo adica un espazo para a practica deportiva dos mais cativos, nada que ver co que ocorre no Condado.

Nun circuíto moi coidado e moi traballado a Ponteareán Uxía na categoría Principiante fixo unha excelente participación dando un total de dúas voltas, un fallo na súa bicicleta, concretamente no desmonte da cadea fixo que nesta volta firmase unha ultima posición do total de participantes.
Cousas que ocorren cando a mecánica e a sorte non acompaña, a próxima cita será en monte Xaxán en Marín.