venres

Minibtt Salcedo

O club ciclista Farto organizou a proba de minibtt nos montes de Salcedo unha excelente organización, un lugar privilexiado onde a comunidade de Montes de Salcedo adica un espazo para a practica deportiva dos mais cativos, nada que ver co que ocorre no Condado.

Nun circuíto moi coidado e moi traballado a Ponteareán Uxía na categoría Principiante fixo unha excelente participación dando un total de dúas voltas, un fallo na súa bicicleta, concretamente no desmonte da cadea fixo que nesta volta firmase unha ultima posición do total de participantes.
Cousas que ocorren cando a mecánica e a sorte non acompaña, a próxima cita será en monte Xaxán en Marín.