domingo

TROFEO DE CARBALLO

Uxía Soto logra unha nova victoria no Trofeo concello de Carballo 


O pasado fin de semana disputouse o Trofeo concello de Carballo 2016. A pesar de estar baixo unha predición climatolóxica adversa con ameazas de fortes precipitacións e tormenta desprazáronse ata o concello coruñés de Carballo pequenos ciclistas chegados de toda a xeografía galega. Onde o Club ciclista Teabikes estivo representado pola pequena biker Uxía Soto, que lonxe de amedrentarse ante as fortes choivas que caeron por algúns intres previos a competición, a pequena ciclista conseguiu marcar o ritmo de carreira erguendo paixóns entre o público asistente o ser unha alevín fémina quen impuxese o ritmo de carreira en tres das catro voltas que compoñían a competición, coa mala sorte de verse relegada o quinto posto da xeral o disputarse o final de carreira o sprint. A pequena ciclista ponteareán amosa unha vez mais un bo estado de forma que coa sorte de cara conseguiu unha vez mais despois de disputar catro competicións de escolas na modalidade de estrada subir por cuarta vez o mais alto do podium na categoría de alevín féminas. O club ciclista Teabikes destaca que Ponteareas desde antaño e unha berce de grandes ciclistas e a día de hoxe as féminas ponteareáns tamén están facendo méritos neste fermoso deporte das dúas rodas, xa que a tamén a ponteareán Claudia García integrante da Escola de Ciclismo Redondela conseguiu o terceiro posto na categoría infantil Fémina.

Uxía Soto 1ª clasificada na categoría alevín fémina. Trofeo  concello de Carballo 2016
Uxía Soto 1ª clasificada na categoría alevín fémina. Trofeo
 concello de Carballo 2016

Carballo uns intres antes da competición

TROFEO PISTAS DE FAIAS O ROSAL

XXV TROFEO PISTA DAS FAIAS

Na tarde do pasado sábado 21 de maio os pequenos bikers do Club Teabikesdesprazáronse a comarca do val Miñor para disputar no concello de O Rosal a proba de estrada categorías de escola o XXV TROFEO PISTA DAS FAIAS. Compre destacar a actuación dos nosos pequenos xa que dous dos participantes viñan de representar o CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA de Ponteareas na IV LIGA DE DUATLÓN ESCOLAR do VAL MIÑOR 2016 tiña lugar no antigo campo de fútbol de Santa Marta no concello de Baiona, onde os pequenos bikers levaron o nome do colexio o mais alto do podium nas súas respectivas categorías: Nerea Soto 1º prebenxamin femina, Uxía Soto 1º alevín femina e Iago Gónzalez 1º alevín masculino. A escasas horas de disputar a Duatlón escolar desprazáronse ata o concello do Rosal onde Uxía Soto, Iago Gónzalez e Iván De Sousa representando o Club Teabikes no trofeo pista das Faias, proba de escolas que se disputou nun circuíto totalmente chan polo que se prevía un final de photo finish, como así aconteceu o entrar un pequeno grupo inicial de dez corredores. Compre destacar a actuación de Uxía Soto que conseguiu facer doblete o conseguir subir o mais alto do podium na categoría de alevín femina e Iago Gónzalez que conseguiu entrar na terceira posición.

sábado

Duatlón Escolar Baiona

 Excepcional participación de Nerea,Uxía e Iago no Duatlón Escolar de Baiona, onde os tres raiders participaron representando o seu colexio Mestre Ramiro Sabell Mosquera, pero baixo a dirección deportiva do club Teabikes, noraboa as imaxes o din todo, foron dúas xornada en marzo e maio con dúas mangas en cada xornada e os raiders impuxéronse nas catro mangas, mais non se pode pedir, Noraboa e a disfrutar dos bos momentos.







domingo

TROFEO DE ESMELLE


Trofeo miniBTT Valle de Esmelle 2016









O pasado día 15 con mais de 200 Km por diante arrancaban hacia o concello de Ferrol os bikers do club ciclista TEABIKES ,onde unha vez mais tiveron a sorte de cara e os tres asistentes o Trofeo miniBTT Valle de Esmelle 2016 alzándose cada cal co primer posto da súa categoría. Nerea Soto 1º posto prebenxamin femina, Uxía Soto 1º alevín femina e Iago Gónzalez 1ºposto alevín masculino.


Compre destacar o traballo realizado por todos os pequenos cilistas que tiveron que facer gala de todas as súas habilidades sobres as duas rodas para poder lidiar con éxito coas grandes difilcutades que presentaba un terreo embarrado como froito das chuvias caídas os días previos a competición.




TROFEO DE BEMBRIVE

III trofeo miniBTT E.L.M. de Bembrive. C.C. Vigues


O pasado día 7 de maio tiña lugar a primeira probo de miniBTT do ano 2016, onde o comezo non podía ser mellor para o club ciclista Teabikes de Ponteareas conseguindo lograr tres primeiros postos.
 A pesar de que a choiva non deu nin un só intre de tregua, esta non conseguiu mermar as gañas de participar na primeira proba do ano. As grandes dificultades que poseia o terreo como consecuencia dunha climatoloxía adversa, obrigaron os mais pequenos do ciclismo a facer gala das suas habilidades no deporte das dúas rodas. 
Compre destacar o gran papel de Nerea Soto que afrontaba a súa primeira competición do presente ano, onde a pesar dos nervios e emoción de volver a ver as vellas amizades da tempada pasada, conseguiu subir o mais alto do podium.
Os  bikers do club TEABIKES conseguiron tres podiums dous primeiros postos e un terceiro.
 
Nerea Soto 1º posto prebenxamin femina, Uxia Soto 1º posto alevín femina e Iago Gónzalez 3º posto alevín masculino.Compre destacar tamén o brillante papel de Iago Gonzalez que acadou o terceiro posto despois dunha espectacular remontada, o sair na segunda fila da grella de saída, e o verse este inmerso nun embotellamiento que o retrasou a decimaquinta posición comezando aqui unha espectacular remontada que culminou na terceira posición podium.
Ivan de Sousa rematou na posición décimo oitava, logo do sorteo de todalas prazas de saída, tamén salientar que durante toda a tarde choveu e a temperatura non acompañou.

TROFEO VILA DO LOURO 1º DE MAIO


39º TROFEO VILA DO LOURO 1º DE MAYO

Uxia Soto e Iago González irrumpen con exito na modalidade de estrada, a pesar de non ser a modalidade de ciclismo que práctican con regularidade, os pequenos bikers do club TEABIKES siguen recolleitando éxitos, o subir novamente o mais alto do podium no 39º TROFEO VILA DO LOURO 1º DE MAYO. Compre destacar que a pouca afluencia de feminas obrigou a organización da carreira a xuntar as categorías de Alevíns categoría na que participa a nosa biker Uxia Soto coas Infatis, onde a nosa pequena ciclista mantivo o tipo coas ciclistas da categoría superior, conseguindo esta entrar as catro primeiras, sen esquecernos que os desarrollos dos alevíns son inferiores polo que obrigou Uxía a facer un maior esforzo para manter o tipo nas dez voltas da competición. Unha vez mais Uxía Soto álzase co primer posto da categoría alevín. na categoría alevín mascuina non podemos deixar de destacar o brillante papel de Iago Gónzalez que desde a quinta volta rompeu o grupo impoñendo o ritmo de pedaleo que o empurrou a pasar a liña de meta en solitario.