domingo

TROFEO DE BEMBRIVE

III trofeo miniBTT E.L.M. de Bembrive. C.C. Vigues


O pasado día 7 de maio tiña lugar a primeira probo de miniBTT do ano 2016, onde o comezo non podía ser mellor para o club ciclista Teabikes de Ponteareas conseguindo lograr tres primeiros postos.
 A pesar de que a choiva non deu nin un só intre de tregua, esta non conseguiu mermar as gañas de participar na primeira proba do ano. As grandes dificultades que poseia o terreo como consecuencia dunha climatoloxía adversa, obrigaron os mais pequenos do ciclismo a facer gala das suas habilidades no deporte das dúas rodas. 
Compre destacar o gran papel de Nerea Soto que afrontaba a súa primeira competición do presente ano, onde a pesar dos nervios e emoción de volver a ver as vellas amizades da tempada pasada, conseguiu subir o mais alto do podium.
Os  bikers do club TEABIKES conseguiron tres podiums dous primeiros postos e un terceiro.
 
Nerea Soto 1º posto prebenxamin femina, Uxia Soto 1º posto alevín femina e Iago Gónzalez 3º posto alevín masculino.Compre destacar tamén o brillante papel de Iago Gonzalez que acadou o terceiro posto despois dunha espectacular remontada, o sair na segunda fila da grella de saída, e o verse este inmerso nun embotellamiento que o retrasou a decimaquinta posición comezando aqui unha espectacular remontada que culminou na terceira posición podium.
Ivan de Sousa rematou na posición décimo oitava, logo do sorteo de todalas prazas de saída, tamén salientar que durante toda a tarde choveu e a temperatura non acompañou.