domingo

TROFEO PISTAS DE FAIAS O ROSAL

XXV TROFEO PISTA DAS FAIAS

Na tarde do pasado sábado 21 de maio os pequenos bikers do Club Teabikesdesprazáronse a comarca do val Miñor para disputar no concello de O Rosal a proba de estrada categorías de escola o XXV TROFEO PISTA DAS FAIAS. Compre destacar a actuación dos nosos pequenos xa que dous dos participantes viñan de representar o CEIP MESTRE RAMIRO SABELL MOSQUERA de Ponteareas na IV LIGA DE DUATLÓN ESCOLAR do VAL MIÑOR 2016 tiña lugar no antigo campo de fútbol de Santa Marta no concello de Baiona, onde os pequenos bikers levaron o nome do colexio o mais alto do podium nas súas respectivas categorías: Nerea Soto 1º prebenxamin femina, Uxía Soto 1º alevín femina e Iago Gónzalez 1º alevín masculino. A escasas horas de disputar a Duatlón escolar desprazáronse ata o concello do Rosal onde Uxía Soto, Iago Gónzalez e Iván De Sousa representando o Club Teabikes no trofeo pista das Faias, proba de escolas que se disputou nun circuíto totalmente chan polo que se prevía un final de photo finish, como así aconteceu o entrar un pequeno grupo inicial de dez corredores. Compre destacar a actuación de Uxía Soto que conseguiu facer doblete o conseguir subir o mais alto do podium na categoría de alevín femina e Iago Gónzalez que conseguiu entrar na terceira posición.