sábado

TROFEO DE CORUXO


Os pequenos bikers do club Teabikes conquistan os montes de Fragoselo na parroquia viguesa de Coruxo.


O pasado dia 25 de xuño os montes de Fragoselo na parroquia viguesa de Coruxo dábanse cita os mais pequenos para disputar a quinta proba do calendario galego de miniBTT VII Trofeo mini-BTT Montes de Coruxo na modalidade de BTT Cross Country Olímpico (XCO) onde os bikers deleitaron demostraron o público asistente o dominio das súas monturas de dúas rodas nun circuíto duro e polvorento.

Unha vez mais as feminas do Club Teabikes marcan tendencia e demostran unha vez mais que as feminas buscan ter o seu lugar neste fermoso deporte, feminas que veñen pisando forte e que están a altura dos nenos.

Nerea Soto cunha espectacular saída conseguiu impoñerse nas dúas mangas correspondentes a categoría de prebenxamín femina.

Na categoría alevín femina Uxía Soto amosou unha vez mais estar nun excelente estado de forma o conquistando a quinta proba do calendario galego de miniBTT VII Trofeo Montes de Coruxo.

En categoría alevín masculino Iago González e Iván De Sousa representaban o club, que a pesar de ser unha xornada accidentada na que Iago viuse afectado nun accidente, Iago González conseguiu subir o segundo posto do podio, finalmente os servicios medicos deixaban no aire unha posible lesión.



















































domingo

TROFEO DE POIO



O pasado día 19 de xuño tiña lugar a cuarta proba do calendario galego de minibtt o II MINIBTT CAMPELO Concello de Poio. Nesta ocasión ata terras de Poio na praia de Campelo, e como observador a illa de tambo, os organizadores a escola de Poio que lograban nesta segunda edición os máximos participantes ata agora nunha proba, xa que as competicións na modalidade de estrada tiñan lugar no concello lucense de Viveiro e os clubs nesta ocasión apostaron pola proximidade.



Pola parte dos bikers do club Teabike,s na categoría prebenxamin femina Nerea Soto deixaba claro nas dúas mangas que hai que pedirlle permiso para subir o primeiro peldaño do caixón, novamente sen dificultades impoñíase as súas rivais.

Xa en Alevin femina Uxía Soto reafirmábase tamén no primeiro caixón nunha carreira onde o aumento de rivais non foi problema para ela. A Pontareán comandou a primeira volta cunha ventaxa de mais de trinta segundos sobre as súas rivais, tiña unha caída espectacular na baixada a meta, a pesar do gran susto por parte do equipo, a muller coraxe fíxose un autochequeo e en menos de cinco segundos subiu a bicicleta e remontou a proba, pasando do terceiro posto a liderar a proba, entrando na liña de meta sen problemas.


A loita polo primeiro posto foi ata a liña de meta
 En Alevin masculino a proba complicouse para o Ponteareán Iago González que logo de comandar a proba na primeira volta moi distanciado do seu mais directo rival, a alta participación con 75 corredores/as nun circuíto moi técnico, e moi duro, fixo que na segunda volta foxe alcanzado e superado polo seu rival en pista e amigo do C.C. Farto o encontrarse con dobrados en practicamente tódolos xiros da última volta, que dificultaron o máximo os adiantamentos, si ben a proba parecía que quedaba sen emoción o Ponteareán intentouno na súa especialidade na baixada a meta a todo ou nada, foi un deses momentos onde os dous corredores deron un espectáculo dos que a todo amante o ciclismo quere observar nunha proba, a disputa ata a propia liña de meta, a entrada a meta en baixada cun xiro de dereitas foi o ultima guinda que os corredores sortearon,e que finalmente pola mínima dunha roda houbo que asumir a segunda posición pero con sabor a primeiro posto.

Pola outra banda Ivan de Sousa remataba nunha meritoria decimo cuarta posición.


Os tres Ponteareáns seguen comandando o ranking Galego nas súas respectivas categorías.





TROFEO DE MARÍN

Os pequenos do club Teabikes asinan unha nova xornada de éxitos no VI TROFEO MINIBTT RÍA DE MARÍN


O pasado dia 12 de xuño na península do morrazo tiña lugar a terceira proba do calendario de miniBTT galego na modalidade de BTT Cross Country Olímpico (XCO), onde os  bikers chegados de toda Galicia conquistaban a cima do monte Xaxán coa súa ilusión e destreza o mando das súas monturas de dúas Rodas. Por un día as bicicletas ocuparon o lugar dos animais salvaxes na paisaxe do entorno do monte Xaxán, onde una vez mais o Club Ciclista Teabikes de Ponteareas estivo representado polos seus bikers; Nerea Soto na categoría prebenxamín feminino, Uxía Soto alevín feminino, Iago González e Iván De Sousa en alevín masculino.
A pesar de que o día amencía escuro e co cima do monte Xaxán cuberto de néboa con choivas febles por algún rato que outro, non conseguiron persuadir os pequenos ciclistas que tiveron que facer fronte a uns circuítos moi técnicos cunha gran cantidade de xiros xunto coas irregularidades do terreo como pequenos socavóns e pequenos penedos en case todo o percorrido, onde xa na categoría alevín xunto a estas dificultades técnica había que sumar lle a un pequeno salto e un considerable desnivel do terreo con abundantes irregularidades, que marcaron o resultado da proba resultando crucial para determinar o postos de podio.
Unha vez mais os integrantes do Club Teabikes asinaron unha exitosa xornada o conseguir impoñerse tres dos seus integrantes nas súas respectivas categorías, Nerea ,Iago e Uxía volveron gañar consolidándose no ranking Galego coma os números uns abrindo distancias cos seus mais directos rivais. Iván de Sousa rematou facendo un bó papel.
Nerea Soto na categoría prebenxamín conseguía anular as súas rivais nas dúas mangas disputadas nun circuíto moi técnico. Xa na categoría Alevín, Uxía Soto demostraba unha vez mais atoparse nun bo momento de forma física, conseguindo o seu terceiro podio consecutivo na modalidade de miniBTT Cross Country Olímpico (XCO) . 


Xa en Alevín masculino o turno foi para Iago González que literalmente fulminou os seus rivais en menos de once minutos... si ben na saída e na primeira parte do circuíto a impresión era que había un motín ao primeiro posto, xa no descenso os aplacaba cun alto ritmo a tumba aberta , desbotando calquera soño dos seus rivais, o neno celíaco demostra que si se pode, e se reivindica cada vez que sube a unha bicicleta....dando a impresión de que el non corre si non que "voa baixo."

Iván de Sousa Alevín de primeiro ano na categoría non se arrugaba e daba a cara entrando no posto vigesimo o circuito moi exisente.







DESCENSO MINI DH CORUXO

O club Teabikes estivo representado por Iván de Sousa na proba de mini dh celebrada en Coruxo, obtendo unha moi boa participación.