domingo

TROFEO DE POIO



O pasado día 19 de xuño tiña lugar a cuarta proba do calendario galego de minibtt o II MINIBTT CAMPELO Concello de Poio. Nesta ocasión ata terras de Poio na praia de Campelo, e como observador a illa de tambo, os organizadores a escola de Poio que lograban nesta segunda edición os máximos participantes ata agora nunha proba, xa que as competicións na modalidade de estrada tiñan lugar no concello lucense de Viveiro e os clubs nesta ocasión apostaron pola proximidade.



Pola parte dos bikers do club Teabike,s na categoría prebenxamin femina Nerea Soto deixaba claro nas dúas mangas que hai que pedirlle permiso para subir o primeiro peldaño do caixón, novamente sen dificultades impoñíase as súas rivais.

Xa en Alevin femina Uxía Soto reafirmábase tamén no primeiro caixón nunha carreira onde o aumento de rivais non foi problema para ela. A Pontareán comandou a primeira volta cunha ventaxa de mais de trinta segundos sobre as súas rivais, tiña unha caída espectacular na baixada a meta, a pesar do gran susto por parte do equipo, a muller coraxe fíxose un autochequeo e en menos de cinco segundos subiu a bicicleta e remontou a proba, pasando do terceiro posto a liderar a proba, entrando na liña de meta sen problemas.


A loita polo primeiro posto foi ata a liña de meta
 En Alevin masculino a proba complicouse para o Ponteareán Iago González que logo de comandar a proba na primeira volta moi distanciado do seu mais directo rival, a alta participación con 75 corredores/as nun circuíto moi técnico, e moi duro, fixo que na segunda volta foxe alcanzado e superado polo seu rival en pista e amigo do C.C. Farto o encontrarse con dobrados en practicamente tódolos xiros da última volta, que dificultaron o máximo os adiantamentos, si ben a proba parecía que quedaba sen emoción o Ponteareán intentouno na súa especialidade na baixada a meta a todo ou nada, foi un deses momentos onde os dous corredores deron un espectáculo dos que a todo amante o ciclismo quere observar nunha proba, a disputa ata a propia liña de meta, a entrada a meta en baixada cun xiro de dereitas foi o ultima guinda que os corredores sortearon,e que finalmente pola mínima dunha roda houbo que asumir a segunda posición pero con sabor a primeiro posto.

Pola outra banda Ivan de Sousa remataba nunha meritoria decimo cuarta posición.


Os tres Ponteareáns seguen comandando o ranking Galego nas súas respectivas categorías.