domingo

TROFEO DE MARÍN

Os pequenos do club Teabikes asinan unha nova xornada de éxitos no VI TROFEO MINIBTT RÍA DE MARÍN


O pasado dia 12 de xuño na península do morrazo tiña lugar a terceira proba do calendario de miniBTT galego na modalidade de BTT Cross Country Olímpico (XCO), onde os  bikers chegados de toda Galicia conquistaban a cima do monte Xaxán coa súa ilusión e destreza o mando das súas monturas de dúas Rodas. Por un día as bicicletas ocuparon o lugar dos animais salvaxes na paisaxe do entorno do monte Xaxán, onde una vez mais o Club Ciclista Teabikes de Ponteareas estivo representado polos seus bikers; Nerea Soto na categoría prebenxamín feminino, Uxía Soto alevín feminino, Iago González e Iván De Sousa en alevín masculino.
A pesar de que o día amencía escuro e co cima do monte Xaxán cuberto de néboa con choivas febles por algún rato que outro, non conseguiron persuadir os pequenos ciclistas que tiveron que facer fronte a uns circuítos moi técnicos cunha gran cantidade de xiros xunto coas irregularidades do terreo como pequenos socavóns e pequenos penedos en case todo o percorrido, onde xa na categoría alevín xunto a estas dificultades técnica había que sumar lle a un pequeno salto e un considerable desnivel do terreo con abundantes irregularidades, que marcaron o resultado da proba resultando crucial para determinar o postos de podio.
Unha vez mais os integrantes do Club Teabikes asinaron unha exitosa xornada o conseguir impoñerse tres dos seus integrantes nas súas respectivas categorías, Nerea ,Iago e Uxía volveron gañar consolidándose no ranking Galego coma os números uns abrindo distancias cos seus mais directos rivais. Iván de Sousa rematou facendo un bó papel.
Nerea Soto na categoría prebenxamín conseguía anular as súas rivais nas dúas mangas disputadas nun circuíto moi técnico. Xa na categoría Alevín, Uxía Soto demostraba unha vez mais atoparse nun bo momento de forma física, conseguindo o seu terceiro podio consecutivo na modalidade de miniBTT Cross Country Olímpico (XCO) . 


Xa en Alevín masculino o turno foi para Iago González que literalmente fulminou os seus rivais en menos de once minutos... si ben na saída e na primeira parte do circuíto a impresión era que había un motín ao primeiro posto, xa no descenso os aplacaba cun alto ritmo a tumba aberta , desbotando calquera soño dos seus rivais, o neno celíaco demostra que si se pode, e se reivindica cada vez que sube a unha bicicleta....dando a impresión de que el non corre si non que "voa baixo."

Iván de Sousa Alevín de primeiro ano na categoría non se arrugaba e daba a cara entrando no posto vigesimo o circuito moi exisente.