mércores

2 Posto en Monterroso-Escolas carretera




O club escola Teabikes abria onte de forma oficial a tempada en ciclismo de escolas de carretera asistindo a primeira proba do calendario Galego en Monterroso, Lugo, o club organizador o club ciclista cidade de Lugo, homenaxeaba a O ROAN e como homenaxe a el daballe o nome de I Memorial Jose A. Lopéz O Roán.
Nun dia tipico galego onde o tempo non deu tregua, xa que a partir das seis da tarde comenzou a chover, a proba complicouse dada as condicions meteorolixas, e o perigo presente en diversas caidas.
O club sacaba o seu novo diseño de traxe onde se distinguia por o seu cor amarelo fluorescente, un traxe cheo de distintos colaboradores e patrocinadores onde o escudo institucional do concello de Ponteareas en cor, vai no peito no lado deireto, como respeto a institucion Pontareán.

Na categoria Infantil xa na súa ultima tempada como corredor de escolas, Iago González daba unha gran exhibicion de ciclismo de carretera, seguindo os patrons do club, o aplicar o ciclismo de ataque, inconformista e onde o Pontarean recibiu numerosas felicitacions por haber sido o claro denominador da proba.
O Pontareán a un circuito, bastante tecnico e cunha zona de asfalto bastante rota, e dando un total de oito voltas de 1200 metros cada unha, foi quen de controlar e tirar practicamente nas oito voltas, rompendo a carreira xa na primeria volta cunha saida espectacular, fixo a primeira criba de corredores onde foi eliminando a alguns a medida que pasaban as voltas.
O Pontarean nos se amilanou a pesar de ser chamado ultimo na parrilla de saida, e demostrou que o seu estado fisico esta nun bo momento.
Iago González abriu este ano a sua conta persoal de podiums obtendo a segunda praza logo de que nos ultimos vinte metros da proba, nun sprint final o corredor do Cortizo lle metese uns metros por diante, pagou o desgaste do esforzo realizado.
Numeroso publico, club e o propio spiker recoñecian o seu gran traballo na carreira, onde a sua presencia significa espectaculo asegurado.
A seguinte cita seran en Arteixo na primera proba de minibtt, onde distintos corredores se desprazaran para tomar a saida