luns

ENDURRAZO 2018 ENDURO

Ivan González e Adrián González en Endurrazo Moaña

Este fin de semana o club escola Teabikes tivo unha dobre cita no Concello de Moaña onde se disputou a ENDURRAZO 2018 primeira proba de Enduro puntuable para o calendario Galego.
O domingo as 8 da maña daba comezo e, ata alí desprazáronse os irmáns Adrián e Iván González Barros que en categoría Master 30 foron quen de rematar, os catro tramos cronometrados. Nun circuíto moi técnico e de gran dificultade, moi tocado pola choiva da semana,  os irmáns naturais de Mondariz foron sorteando obstáculos e finalmente conseguiron rematar a proba. Iván no posto 49  e Adrián no posto 60 da clasificación Master 30.
A proba contou cun total de 175 inscritos dos que so  170 remataron na clasificación xeral, xa na clasificación xeral  Iván ocupou o posto 123 e Iván o 147.