xoves

Mini btt Carballiño

O club ciclista sobre dúas rodas de Carballiño organizou o evento no parque onde e coñecido pola festa do polbo.

En categoría promesa Uxía a dúas volta obtiña unha moi boa cuarta praza de podio
En categoría alevin Iago Carrera fixo unha excepcional participación a un circuíto de tres voltas onde mellorou rexistros persoais.
En categoría Infantil Iago González remachaba a cuarta praza de podio nun circuíto a catro voltas  e onde chegou a liderar a proba.




G.P VIGUES

Na rúa Areal de Vigo dábanse cita os mellores ciclistas, unha proba organizada polo club ciclista Vigués.
Iago González remataba cuarto logo de dez voltas onde a vixilancia entre corredores foi extrema.

Xornada de entrenamentos


Hoxe xoves desprazamosnos ata a zona de a Picaraña e logo dunha sufrida subida poidemos desfrutar a baixada dunha das pistas de descenso.




MINI BTT de Porto do Son

A escola do TEABIKES desprazouse ata Porto do Son para disputar a proba organizada polo club Sonense a uns sete km do centro da vila no alto dun monte e cun trazado moi duro para tódalas categorías disputouse a proba.
Empezou Uxía Fernández Barros que a dúas voltas do seu circuíto retivo a quinta praza de 

podio nun dia bastante complexo para ela.


Uxía a dereita na quinta praza






Na categoría Alevin a quenda foi para Iago Carrera que nun circuíto a dúas volta mais longo que o da súa compañeira fixo unha excelente saída dende a parte traseira e conseguiu colocarse nos quince primeiros postos, a dureza do circuíto fixo que entrase bastante mais atrasado, pero completando as dúas voltas.

 En categoría reina Iago González que viña de facer podio en O Rosal en carretera, pagou o sobreesforzo e chegou a marchar na terceira praza de podio, pero a dureza das tres voltas do circuíto e as altas temperaturas fixo que entrase nunha sexta praza.

GP PISTAS DE FAIAS O ROSAL

A escola TEABIKES desprazouse ata O Rosal para disputar o GP pistas de Faias no velódromo municipal, é ata alí chegaron Noé Arauxo que en categoría promesa fixo unha excelente participación na ginkana.





En categoría Infantil Iago González a un total de 15 voltas o circuíto obtivo a terceira praza de podio logo dunha carreira marcada polos marcaxes, si ven foi un dos mais vixiados  a vitoria final foi para o corredor local do O Rosal que ninguén quixo responder o seu ataque.
O sprint especial na oitava volta foi para o corredor do C.C Farto.


mércores

G.P BETANZOS

A escola Teabikes desprazouse hoxe ata Betanzos para disputar o trofeo S.Roque dia da festa grande da localidade Betanceira.



Nas inmediacións do parque do pasatempo o club ciclista Betanzos organizou a proba nun circuíto de 1,8km cada volta, a categoría infantil daba 8 voltas e preto de 14300 mts. Unha excelente organización e un moi bo trazado. 


Nun circuíto case plano a velocidade media da proba foi de 36,03 km/h o que demostra as aptitudes de rapaces de 14 anos. 


Hoxe foi un dia de pisar pedal a fondo para desmontar algunha estrutura sólida dalgún equipo «un bo ataque como medida de defensa volta a volta» e así foi volta a volta o numero de efectivos descendía ata entrar na ultima volta con tres efectivos, xogala nun sprint final onde os árbitros teñen que abrir os ollos para ver que roda entra primeiro na liña de meta. 


O Ponteareán Iago González executaba as ordes de equipo e alzábase coa segunda posición do podio. 




Tranquilidade no equipo o ver que finalmente a grave caida do domingo en Maceda no minibtt quedou so en chapa e pintura.

martes

Mini btt MACEDA


O club ciclista Maceda organizou a minibtt e ata Ourense Maceda chegaron Iago Carrera, Uxía Fernandez e Iago González.










Uxia en categoria Promesa conquistou a 5º praza de podio a un circuito moi duro dando duas voltas.












En categoria Alevin Iago Carrera deu tres voltas a un circuito moi duro e fisico, e logrou rematar todalas voltas facendo unha moi boa carreira.


En categoriá reina Iago Gonzalez marchou na quinta praza na primeira volta pero unha moi forte caida na ponte da carretera  deixouno sin opcions de podio finalmente rematou oitavo, con fortes
dores.

GP CAMBADOS

O club ciclista cambados organizaba o gran premio de escolas festexando o seu 50 aniversario e ata alí chegou o infantil Iago González que a un circuíto urbano de 1,1 km e a dez voltas logrou unha meritoria 3º posición de podio.
A carreira foi lanzada dende o primeiro momento onde distintos corredores lanzaron varios ataques, así ata a última volta onde o Ponteareán aguantou a terceira praza.


luns

G.P de CAMBRE

Ata terras de Cambre- A Coruña desprazábase Iago González en categoría Infantil, con mais de trinta graos de temperatura nun circuíto a sete voltas no polígono industrial de Santo Espiritu, disputouse a proba de carreteira que organizou o club ciclista Cambre.

O Pontareán intentou a escapada na quinta volta, pero este ataque foi respondido polos corredores do Barbanza, e xa na sexta volta un ataque do Coruxo foi o definitivo, para a configuración da entrada  en meta.
Unha novena praza nun dia onde o Pontareán estivo demasiado vixiado.