mércores

G.P BETANZOS

A escola Teabikes desprazouse hoxe ata Betanzos para disputar o trofeo S.Roque dia da festa grande da localidade Betanceira.



Nas inmediacións do parque do pasatempo o club ciclista Betanzos organizou a proba nun circuíto de 1,8km cada volta, a categoría infantil daba 8 voltas e preto de 14300 mts. Unha excelente organización e un moi bo trazado. 


Nun circuíto case plano a velocidade media da proba foi de 36,03 km/h o que demostra as aptitudes de rapaces de 14 anos. 


Hoxe foi un dia de pisar pedal a fondo para desmontar algunha estrutura sólida dalgún equipo «un bo ataque como medida de defensa volta a volta» e así foi volta a volta o numero de efectivos descendía ata entrar na ultima volta con tres efectivos, xogala nun sprint final onde os árbitros teñen que abrir os ollos para ver que roda entra primeiro na liña de meta. 


O Ponteareán Iago González executaba as ordes de equipo e alzábase coa segunda posición do podio. 




Tranquilidade no equipo o ver que finalmente a grave caida do domingo en Maceda no minibtt quedou so en chapa e pintura.