xoves

MINI BTT de Porto do Son

A escola do TEABIKES desprazouse ata Porto do Son para disputar a proba organizada polo club Sonense a uns sete km do centro da vila no alto dun monte e cun trazado moi duro para tódalas categorías disputouse a proba.
Empezou Uxía Fernández Barros que a dúas voltas do seu circuíto retivo a quinta praza de 

podio nun dia bastante complexo para ela.


Uxía a dereita na quinta praza






Na categoría Alevin a quenda foi para Iago Carrera que nun circuíto a dúas volta mais longo que o da súa compañeira fixo unha excelente saída dende a parte traseira e conseguiu colocarse nos quince primeiros postos, a dureza do circuíto fixo que entrase bastante mais atrasado, pero completando as dúas voltas.

 En categoría reina Iago González que viña de facer podio en O Rosal en carretera, pagou o sobreesforzo e chegou a marchar na terceira praza de podio, pero a dureza das tres voltas do circuíto e as altas temperaturas fixo que entrase nunha sexta praza.