Os entrenamentos de minibtt son os martes e xoves de 17 a 18:30 horas e sábados de 11 a 12:30 horas no terreo cedido o club, estes dias, pais e nais traballan para acondicionalo. Aquelas persoas que queiran probar poden pasar nestes horarios, cos seus fillos/as sempre e cando leven casco.
CLUB ESCOLA TEABIKES PONTEAREAS

Etiquetas
- 2013 Fundación
- 2014 TV mini btt
- 2014 VIGO BIKES CONSTEST
- 2015 ENDURO
- 2015 Entrenamentos
- 2015 Mini Btt
- 2015 Premios
- 2016 Carretera
- 2016 Duatlón
- 2016 Entrenamentos
- 2016 Entrenamentos Mini Enduro - DH
- 2016 Mini Btt
- 2016 Mini DH
- 2016 TV
- 2017 Carretera
- 2017 ELIMINATOR KIDS
- 2017 Entrenamentos
- 2017 Mini Btt
- 2017 TV
- 2018 Carretera
- 2018 Mini Btt
- 2018 TV
- 2019 Escolas Carretera
- 2019 Minibtt
- 2019 minidh
- 2020 ENDURO
- Axudas públicas
- Campeonato España Infantil
- Colaboración Xtrembike 2016
- Colaboración Xtrembike 2017
- Colaboradores 2019
- Coñece o meu club
- COÑECE O MEU CLUB 2017
- COVID 19
- CSD
- DHU 2019
- DUATLON 2019
- ENDURO 2017
- Enduro 2018
- Ensino Ponteareas
- Entrenamentos 2018
- Formación
- FORMACIÓN 2019
- Iván González
- Lotería Nadal
- Novas
- Portugal
- PORTUGAL 2020 XCO
- Rutas
- TAXAS LICENCIAS 2020
- XCO INTERNACIONAL
- XCO NACIONAL OPEN ESPAÑA
domingo
xoves
Nova zona de entrenamento
O empresario Ponteareán cedía de forma temporal o club Teabikes unha superficie que será dedicada para a escola do club.
Un gran acordo que permitira os mais cativos entrenar con seguridade, e sobre todo aumentar a súa destreza coas súas monturas.
Un gran alivio para pais e nais, o facelo nunha superficie pechada.
Dende o club so nos queda palabras de agradecemento para D.Regino Giraldez Boo, pola súa iniciativa e a súa gran contribución o deporte de base Ponteareán.
GP. San Froilan
Ata terras lucenses chegaba Iago González para disputar a última proba do calendario galego, nun circuíto urbano de escasos novecentos metros e cun total de dez voltas, iniciouse a saída, un forte ataque do corredor do Barbanza, puxo en filo o pelotón, que intentou neutralizar a escapada, foi neses intres entre nervios, cando o corredor do Cortizo ANOVA, pechaba a trazada do Ponteareán, e este foise o chan en plena curva. Así e todo Iago González non tirou a toalla e andivo un total de oito voltas en persecución do pelotón principal.
A emoción foi tal que na novena volta reenganchou e todo facía esperar a posibilidade de podio, pero as forzas son as forzas, e no sprint final pagaba o sobreesforzo de dar caza o pelotón así e todo unha septima praza o sprint final, e como remate dunha excepcional temporada.
Nocturna de O Porriño
A penúltima proba do calendario Galego levounounos ata O Porriño, para disputar a proba desta vez a única organizada pola tarde noite.
O casco vello de O Porriño, foi testemuña do gran éxito da proba, en categoría infantil Iago González facía unha excelente participación o rematar nun sprint final na segunda praza de podio.
O ponteareán fiel o seu estilo de ciclismo de ataque puxo sobre as cordas na primeira volta a tódolos participantes, e tan so catro corredores foron quen de meterse na escapada, volta a volta nun total de dez, pagaba o sobreesforzo o corredor do Cortizo ANOVA, que se descolgaba, e xa nos metros finais o corredor do Avanza, polo que a proba so podería ter un gañador, e finalmente e cun sprint emocionante, a segunda praza recaeu sobre Iago e a vitoria foi para o corredor do Farto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)