xoves

GP. San Froilan

Ata terras lucenses chegaba Iago González para disputar a última proba do calendario galego,  nun circuíto urbano de escasos novecentos metros e cun total de dez voltas, iniciouse a saída, un forte ataque do corredor do Barbanza, puxo en filo o pelotón, que intentou neutralizar a escapada, foi neses intres entre nervios, cando o corredor do Cortizo ANOVA, pechaba a trazada do Ponteareán, e este foise o chan en plena curva. Así e todo Iago González non tirou a toalla e andivo un total de oito voltas en persecución do pelotón principal.
A emoción foi tal que na novena volta reenganchou e todo facía esperar a posibilidade de podio, pero as forzas son as forzas, e no sprint final pagaba o sobreesforzo de dar caza o pelotón así e todo unha septima praza o sprint final, e como remate dunha excepcional temporada.