xoves

Nocturna de O Porriño

A penúltima proba do calendario Galego levounounos ata O Porriño, para disputar a proba desta vez a única organizada pola tarde noite.
O casco vello de O Porriño, foi testemuña do gran éxito da proba, en categoría infantil Iago González  facía unha excelente participación o rematar nun sprint final na segunda praza de podio.
O ponteareán fiel o seu estilo de ciclismo de ataque puxo sobre as cordas na primeira volta a tódolos participantes, e tan so catro corredores foron quen de meterse na escapada, volta a volta nun total de dez, pagaba o sobreesforzo o corredor do Cortizo ANOVA, que se descolgaba, e xa nos metros finais o corredor do Avanza, polo que a proba so podería ter un gañador, e finalmente e cun sprint emocionante, a segunda praza recaeu sobre Iago e a vitoria foi para o corredor do Farto.