mércores

Minibtt en Arteixo

A segunda proba de minibtt chegou ata terras de Arteixo, onde o club mb3 organizou a proba no circuíto do club Saltamontes.

Cunha excelente organización humana e nos propios deseños dos circuítos, tomaron a saída os dous raiders do TEABIKES que ata alí se achegaron en categoría principiante.



Uxía, que saia na primeira parrilla de saída, acadaba unha meritoria sexta praza logo de dar as tres voltas nun circuíto dun km de distancia, deu a batalla ata os últimos metros intentando acadar quinta praza.


Xa en principiante Noé arrancaba a súa primeira participación dende atrás de todo penalizado por non ter puntos no ranking, nunha saída excepcional colocouse nos doce primeiros da proba, pero na segunda volta, un desmonte de cadea con caida incluída deixouno sen opcións de rematar a proba.








A próxima cita será en O Porriño.


O club Teabikes agradece a Estudio de Fotografía M de Arteixo,  a autorización de publicación dalgún do seu material fotográfico.

sábado

MINI DH URBAN EN MONDARÍZ

Un detallazo de Borja posando cos raider do TEABIKES
Ata Mondariz desprazase Uxía e Noé ambos na estrea de categoría principiante para participar na dh urbana organizada polo CC.Ponteareas  en homenaxe a Borja Gómez un autentico campión que a pesar de ser un rapaz con síndrome de down, demostra a sociedade a súa valía e loita diaria con obxectivos constantes de superación.


Os dous raiders fixeron unha moi boa participación si ben Uxía na clasificación provisional era cuarta, Noe as 23 horas da noite descoñecemos a súa clasificación o non estar aínda colgada na paxina web oficial, un dato que a Federación Galega de Ciclismo debería de mellorar.

Ambos raiders enfrontáronse  as distintas ramplas e obstáculos de forma brillante nas dúas mangas, nun dia onde a choiva fixo presencia, hai que,  recoñecer que esta non e unha modalidade moi entrenada polo noso club.




Medallas de participación como o mellor premio a unha xornada fantástica



luns

Equipación escolas 2019

Gracias os nosos colaboradores este ano podremos seguir disfrutando dunha nova equipación, e así sera a da escola para este vindeiro ano 2019

ASISTENCIA TECNICA A IAGO GONZALEZ

O corredor do Club Ciclista Redondela do equipo Redondela-Il Picollo, leva participado en distintas probas de ambito internacional, como a primeira Taza de Portugal, vila franca, e  rexional como en Paredes de Coura, a nivel autonomico en XC de Mugardos e a nivel Nacional no Open de España en Valladolid.


Xornadas de Duatlon na Vila de Labarta


TROFEO MINIBTT Cidade de SANTIAGO

Uxía Fernandez daba o pistoletazo de saída a primeira proba do minibtt cidade de Santiago de Compostela organizado polo club cicista Compostelano - Muebles Compostela, a raider Pontarean que estreaba categoría principiante de primeiro ano, acadou unha moi meritoria oitava praza, nunha xornada marcada pola choiva e o frio.Noraboa campiona!!
Na direccion tecnica estreabase o novo monitor federado Ivan Fernandez, moita sorte!!