domingo

TROFEO DE ESMELLE

Última carreira da temporada e a terceira co equipo Teabikes, ata Esmelle Ferrol desprazábanse os biker Nerea Soto, Uxía Soto, Iván de Sousa e Iago González, un desprazamento de 400 km.
A prebenxamin Nerea Soto deu unha actuación espectacular impoñéndose nas dúas mangas, non tivo rival nun circuíto moi fangoso.Nerea é a  campiona Galega do ranking.

Pola outra parte a Principiante de segundo ano, Uxía Soto mantivo unha loita aberta coa súa rival esta temporada María Filgueiras do Caimanes de Betanzos, si ben Uxía resistiu e marcou a carreira, a betanceira fixo unha mellor actuación na última parte que a levou o podio, así Uxía tívose que conformar coa segunda posición, algo que é como se fose o primeiro dada a dificultade do circuíto plano, pero totalmente fangoso, onde a organización ata tivo que anular algún tramo.Uxia  quedou subcampeona Galega no ranking.

Xa en Principiante masculino Iván de Sousa, o daba todo, pero o circuíto non se axeitaba a súas condicións físicas, e incluso unha averia no seu freo dianteiro mermou a confianza do biker, que finalmente fixo unha carreira conservadora, pero continua, e viuse recompensado con medalla o final.

Na categoría Alevin Iago González pagaba a su novatada na categoría xa que era o seu premer ano, Iago mantívose nas dúas primeiras voltas a cabeza da carreira, pero xa na última pasoulle a factura do desgaste do fangoso circuíto xunto a unha superioridade física e mecánica dos seus rivais, onde xa as 29 fixeron presencia, finalmente mantivo o tivo e obtivo unha meritoria quinta posición. Iago González quedou quinto no ranking Galego, sen poder disputar a proba de Poio debido a enfermidade.