domingo

TROFEO DE MARÍN

Nova xornada de minibtt esta vez no monte Xaxán en Marín, onde o club ciclista Marín organizaba un novo trazado onde a pesar de ser espectacular o tempo e o intenso frío non acompañou os bikers, xa que foron moitos os que decidiron non tomar a saída, e incluso outros pensaronno ata o mesmo inicio da proba.

Ata Xaxán foi o equipo o completo onde a primeira actuación foi para Nerea Soto logrando a primeira posición a só unha manga debido as condicións meteorolóxicas, tamén na mesma categoría prebenxamín Pol Arjones fixo un destacable papel, pero as condicións da pista negoulle chegar a postos de podio.
Xa en categoría Principiante femia Uxía lanzábase a competición facendo un bo papel, que se viu empanado por resbalons da pista algo si aproveitou a súa rival María Filgueiras.Finalmente tívose que conformar coa segunda posición.



O seu compañeiro de categoría pero en masculino Iván de Sousa, pasaba serias dificultades polo excesivo frío, que finalmente rematou salvando o abandono.




Xa en categoría Alevín Iago González, repensaba a súa participación logo da molladura nas voltas de entrenamento, onde o raider presentaba un cadro físico propio para abandonar a proba, finalmente tomou a saída, con síntomas de conxelación.
O seu circuíto de tres km e medio de dificultade media alta, con ramplas de salto e varios tramos de troncos e outras zonas de pedras soltas ,fixo que  so podeise optar a sexta posición da carreira, algo meritorio o ver o estado da pista e do súa propia iniciativa de tomar a saída.