sábado

TROFEO DE TUI

O club os Biciosos e Fundación Oscar Pereiro levaron a cabo a organización da proba Trofeo de Tui onde o Teabikes estivo representado por Pol, Nerea, Uxía, Iván e Iago.
Un dia fenomenal para a proba de minibtt onde as faldas do monte Aloia e as instalacións de A Macoca serviron para facer un trazado físico, técnico e sinuoso.
Na categoría prebenxamin Pol Arjones fixo un excelente papel situándose nos dez primeiros, xa en categoría femina Nerea Soto impoñíase nas dúas mangas deixando sin palabras os rivais, e conseguindo o premer posto do podio.
Xa en categoría Principiante Iván de Sousa mantiñase nun bo posto decimo primeiro logo dunha intensa loita cos seus rivais, pola contra Uxía Soto mantivo unha loita ata os metros finais con María Filgueiras que xaqueaba a Ponteareán nas dúas mangas.
Uxía subiu o segundo posto do podio.
Xa en categoría Alevín Iago González intentaba adaptarse a unha categoría que totalmente cambiante a principiante onde se xogaba todo a unha sola manga cunha distancia moito mais longa, e a dificultade dos rivais de segundo ano.
Iago resistiu o que  puído pero finalmente cedeu xa que o ritmo de cabeza era moi alto e subiu a cuarta posición do podio.