domingo

DESCENSO SANTIAGO

Excepcional participación na proba de descenso mini dh en Santiago donde Ivan de Sousa facia unha meritoria participación deixando o listón ben alto.


















TROFEO DE SALCEDO

O club Teabikes afianza as súas posicións no ranking galego de miniBtt.




O pasado día 31 de xullo os  bikers galegos tiñan unha cita na parroquia pontevedresa de Salcedo, onde o club ciclista Farto organizaba a I miniBTT comunidade de montes de Salcedo, brindando o público asistente un espectáculo de velocidade e forza nun circuíto rápido o transcorrer a maior parte do circuíto por pistas forestais .Onde nesta ocasión o club ciclista Teabikes  estivo representado polos bikers Nerea Soto na categoría prebenxamíns féminas, Pol Arjones na categoría de promesa masculino, Uxía Soto como Alevín fémina, Iago González e Iván de Sousa na categoría de Alevín masculino.
 Despois do tropezo da semana pasada da mais pequena do Club Teabikes no miniBtt concello de Betanzos, cando despois dunha caída con consecuencias mecánicas a biker Nerea Soto tívose que conformar co segundo posto do caixón, nesta ocasión a ciclista achegábase ata a parroquia de Salcedo en Pontevedra  onde asinou unha espectacular actuación cun dominio absoluto da bicicleta nas dúas mangas coas  que constaba a proba para a categoría de prebenxamin, afianzando o con esta nova vitoria o seu liderazgo no ranking galego de miniBtt,na categoría de prebenxamín fémina.
Nesta ocasión foi Uxía Soto quen viu como se rompía a súa racha de imbatibilidade, da que viña facendo gala na presente tempada o non haber sido destronada tanto na modalidade de minibtt como na modalidade de estrada ata esta ocasión que tras dúas caídas con atrancos mecánicos como consecuencia destas, viuse relegada a segunda posición desta primeira edición do miniBTT comunidade de montes de Salcedo, conseguindo con esta segunda posición   afianzar o seu liderazgo no ranking galego de miniBTT.

Iago González o igual que Uxía despois dunha disputada xornada onde foi alternando entre a primeira e segunda posición, tívose que conformar o final do día co segundo posto do caixón, polo que segue sumando para o ranking que actualmente lidera con bastante solvencia.

Nerea primeiro posto

Uxía segunda 


Iago no segundo posto


Iván nunha das partes de baixa

 
Nerea cara a meta


Pol Arjones estrenuo esta temporada


Iago dominou a proba ata os últimos metros no que foi adiantado


Uxía nunha parte do descenso

sábado

TROFEO DE BETANZOS

Nova xornada de podios para os integrantes do club ciclista Teabikes


Iago intentouno ata propia linea de meta

O parque do pasatempos de Betanzos daba acollida a unha nova proba do calendario de miniBTT, o ter lugar a terceira edición do MiniBTT concello de Betanzos, onde un parque urbano ofrecía un circuíto de velocidade para os bikers asistente ata a cidade coruñesa de Betanzos.

A falta de desnivel do terreo convertía a proba nun circuíto de velocidade onde xa desde un inicio do día prevíase uns finais de carreira de infarto.

Nesta ocasión a mais pequena do Club ciclista Teabikes Nerea Soto non puido pasar da terceira posición, o haber ido o chan no transcurso da primeira manga, na que a pequena bikers foise o chan nunha das múltiples viraxes que ofrecía o interior do parque,a pesar de que se levantou con bastante rapidez atopouse cunha saída de cadea que a relegou ata a quinta posición sen poder optar a recuperar posicións o haber ocurrido esta a escasos metros da meta, xa na segunda manga do día Nerea conseguiu impoñerse pasando por liña de meta na primeira posición conseguindo así subir a terceiro posto do caixón rompendo a súa racha de imbatibilidade nesta tempada.

Compre destacar a brillante actuación de Uxía Soto que conseguiu unha vez mais subir o mais alto do caixón na categoría alevín fémina, demostrando a súa comodidade o impoñerse nas tres edición do trofeo MINIBTT CONCELLO DE BETANZOS.


Nerea momentos antes da saída

Xa na categoría alevín masculino onde o biker Iago González xunto co ciclista do Club ciclista Farto mantiveron unha feroz loita por acadar a primeira posición no transcurso de toda a proba, onde Iago González deu unha dura batalla ata o último milímetro o facer facer o último intento de adiantamento a escasos milímetros do paso pola liña de meta conseguindo rematar na segunda posición. Sen esquecernos mencionar a gran remontade de postos no ranking a Iván de Sousa que actualmente atopásese no posto 25 do ranking, xa que o non haber podido asistir a algunhas carreiras o inicio da tempada viuse relegado o posto cincuenta do ranking da categoría alevín masculino.


Ivan recuperando posicions


Entrada en Meta, IAGO deuno todo e a piques estivo de sorprender


Uxia salva sen problemas os saltos


domingo

TROFEO DO MEIXOEIRO


Os alevíns do club Teabikes se impoñen no 28 G.P. MEIXOEIRO

O barrio vigués do Meixoeiro tiña cita unha nova edición da xa tradicional G.P. Meixoeiro que celebraba a súa vixésimo oitava edición, converténdose así nunha das citas case obrigadas para o ciclismo de base. As rúas do barrio do Meixoeiro convertéronse no pasado día 16 nun circuíto de velocidade para os ciclistas de categoría infantil e alevín de toda Galicia e o norte de Portugal, que amosaron a súa garra e potencia sobre a bicicleta nun circuíto de dous km, onde para a categoría alevín constaba de catro voltas e a categoría infantil de doce voltas.


Esta vez ante falta de probas de miniBtt os pequenos bikers de categoría alevín do club Teabikes Uxía Soto e Iago González optaron por participar na 28 edición do G.P. Meixoeiro pechando unha nova xornada de éxitos o impoñerse ambos nas súas categorías, onde Uxía Soto realizou unha espectacular actuación non só impoñéndose na categoría féminas si non que conseguiu entrar na cuarta posición a altura dos alevíns masculinos de segundo ano deixando abraiado o público asistente que non daba credo que unha femina conseguira cruzar a liña de meta entre os primeiros clasificados. A pequena ciclista suma así un novo triunfo para o seu palmares.



Xa categoría alevín masculino Iago González conseguiu subir o mais alto do podio nunha disputada xornada onde un pequeno grupo de 5 corredores entre os que tamén se atopaba Uxía impuxeron un ritmo alto rompendo o pelotón practicamente desde o minuto un da carreira. Pero Iago viuse obrigado a facer un espectacular sprint onde conseguiu impoñerse o ciclista do club ciclista Barbanza Asier Torrado. 



Compre destacar tamén o noveno posto acadado polo biker Iván De Sousa que optou por participar na III miniDH Montes de Coruxo.



A dirección técnica do Club Teabikes tamén felicita a actuación da ciclista ponteareán Claudia García de categoría infantil e integrante do Club Ciclista Redondela polo segundo posto do podio acadado unha semana despois de disputar en Merida o campionato de España coa selección Galega.




TROFEO DE SANXENXO


NOVOS EXITOS DO CLUB TEABIKES

Suma e seguen as vitorias da pequenas bikers do club Teabikes

O pasado día 10 de xullo o minibtt galego dábase cita na comarca do Salnés en concreto na praia de Montalvo en Sanxenxo.

O Club ciclista Corbelo organizaba unha vez mais unha proba nun circuíto onde a area e o invitado especial e onde a dureza determinaría as posicións, xa que non so había que ter en conta a fortaleza dos corredores e corredoras senón que tamén a mecánica nos respetase.


Nerea foi a encargada de abrir as probas impoñéndose nas dúas mangas.


Uxía impúxose na única manga salvado as dificultades técnicas


Iago obtiña a segunda praza logo dun desmonte de cadea.


Nerea suma e sigue


Iván momentos antes da saída


Iago a piques de alcanzar o primeiro logo da averia.









TROFEO VIXIADOR



Nova xornada triunfante no parque forestal Vixiador de Vigo dos pequenos bikers do Club Teabikes


O pasado día 3 de xullo o parque forestal do Vixiado de Vigo viviu mestura de pasado, presente e futuro, o a coller polas distintas sendas o II MINI BTT PARQUE FORESTAL DO VIXIADOR organizada polo Club 2.0 Sport Team, onde pequenos deportistas chegados de toda Galicia ían disputar a sexta proba do calendario galego de minibtt.
Os pequenos deportistas fixeron unha vez mais gala da súa destreza sobre as dúas rodas por un fermoso circuíto cheo de historio o transcorrer parte deste circuíto pola RUTA DAS MÁMOAS DE CANDEAN que contén túmulos funerarios que datan do ano 5000 a. de c.



As pequenas irmáns ponteareáns Uxía e Nerea Soto conseguen unha semana mais subir o mais alto do podio o reafirmando unha vez mais gozar dun bo estado de forma na presente tempada. As pequenas ciclistas no seu primeiro ano como ciclistas do Club Teabikes amósanse cheas de ledicia o poder practicar libremente este deporte sen restricións como si acontecía no club do que proviñan .



Xa na categoría de alevíns masculino compre destacar a actuación de Iago González que ven arrastrando unha pequena racha de mala sorte nas últimas competicións o verse nesta ocasión afectado por un espectacular accidente onde tamén viuse implicado o seu mais directo rival para liderar a proba na entrada dunha curva rápida onde a apurada de freada no último segundo levou o colisión que por sorte as consecuencias só foron mecánicas e non houbo que lamentar danos persoais. A pesar da aparatosidade do accidente Iago conseguiu acadar a terceira posición do podio.

Nerea entra nos ultimos xiros da carreira.
Saída das feminas Alevins


Posición inicial dos árbitros.



Alguns rivales fan trampa, e toman posicións fora do ranking


Iago leva controlado a cabeza


Momento posterior a caída de Iago e Sergio o Corbelo sigue incumprido normas.

Sergio sin sillin a piques de ser alcanzado por Iago

Uxia marca Scractt en solitario

Alex Esperón encontrase coa victoria, logo da caída de Iago e Sergio.

Iago recuperando posicions logo da brutal caída


Iago lanzase a un todo ou nada, chega recuperar ata doce posicións


Iván resiste como líder no segundo grupo


Uxia lidera o grupo




Iago a un paso de alcanzar a Sergio na segunda volta logo da aparatosa caída.





Ivan lidera un segundo grupo

Uxia marcha en solitario

O alto ritmo pasa factura a Máximo

O C.C Corbelo asiste a un dos seus corredores, algo prohibido no reglamento.

O C.C Corbelo asiste con auga a un rival, algo prohibido no reglamento.



Nerea entra en meta lider nas dúas mangas