domingo

TROFEO DO MEIXOEIRO


Os alevíns do club Teabikes se impoñen no 28 G.P. MEIXOEIRO

O barrio vigués do Meixoeiro tiña cita unha nova edición da xa tradicional G.P. Meixoeiro que celebraba a súa vixésimo oitava edición, converténdose así nunha das citas case obrigadas para o ciclismo de base. As rúas do barrio do Meixoeiro convertéronse no pasado día 16 nun circuíto de velocidade para os ciclistas de categoría infantil e alevín de toda Galicia e o norte de Portugal, que amosaron a súa garra e potencia sobre a bicicleta nun circuíto de dous km, onde para a categoría alevín constaba de catro voltas e a categoría infantil de doce voltas.


Esta vez ante falta de probas de miniBtt os pequenos bikers de categoría alevín do club Teabikes Uxía Soto e Iago González optaron por participar na 28 edición do G.P. Meixoeiro pechando unha nova xornada de éxitos o impoñerse ambos nas súas categorías, onde Uxía Soto realizou unha espectacular actuación non só impoñéndose na categoría féminas si non que conseguiu entrar na cuarta posición a altura dos alevíns masculinos de segundo ano deixando abraiado o público asistente que non daba credo que unha femina conseguira cruzar a liña de meta entre os primeiros clasificados. A pequena ciclista suma así un novo triunfo para o seu palmares.



Xa categoría alevín masculino Iago González conseguiu subir o mais alto do podio nunha disputada xornada onde un pequeno grupo de 5 corredores entre os que tamén se atopaba Uxía impuxeron un ritmo alto rompendo o pelotón practicamente desde o minuto un da carreira. Pero Iago viuse obrigado a facer un espectacular sprint onde conseguiu impoñerse o ciclista do club ciclista Barbanza Asier Torrado. 



Compre destacar tamén o noveno posto acadado polo biker Iván De Sousa que optou por participar na III miniDH Montes de Coruxo.



A dirección técnica do Club Teabikes tamén felicita a actuación da ciclista ponteareán Claudia García de categoría infantil e integrante do Club Ciclista Redondela polo segundo posto do podio acadado unha semana despois de disputar en Merida o campionato de España coa selección Galega.