Nova xornada triunfante no parque forestal Vixiador de Vigo dos pequenos bikers do Club Teabikes
O pasado día 3 de xullo o parque forestal do Vixiado de Vigo viviu mestura de pasado, presente e futuro, o a coller polas distintas sendas o II MINI BTT PARQUE FORESTAL DO VIXIADOR organizada polo Club 2.0 Sport Team, onde pequenos deportistas chegados de toda Galicia ían disputar a sexta proba do calendario galego de minibtt.
Os pequenos deportistas fixeron unha vez mais gala da súa destreza sobre as dúas rodas por un fermoso circuíto cheo de historio o transcorrer parte deste circuíto pola RUTA DAS MÁMOAS DE CANDEAN que contén túmulos funerarios que datan do ano 5000 a. de c.
As pequenas irmáns ponteareáns Uxía e Nerea Soto conseguen unha semana mais subir o mais alto do podio o reafirmando unha vez mais gozar dun bo estado de forma na presente tempada. As pequenas ciclistas no seu primeiro ano como ciclistas do Club Teabikes amósanse cheas de ledicia o poder practicar libremente este deporte sen restricións como si acontecía no club do que proviñan .
Xa na categoría de alevíns masculino compre destacar a actuación de Iago González que ven arrastrando unha pequena racha de mala sorte nas últimas competicións o verse nesta ocasión afectado por un espectacular accidente onde tamén viuse implicado o seu mais directo rival para liderar a proba na entrada dunha curva rápida onde a apurada de freada no último segundo levou o colisión que por sorte as consecuencias só foron mecánicas e non houbo que lamentar danos persoais. A pesar da aparatosidade do accidente Iago conseguiu acadar a terceira posición do podio.
 |
| Nerea entra nos ultimos xiros da carreira. |
 |
| Saída das feminas Alevins |
 |
| Posición inicial dos árbitros. |
 |
| Alguns rivales fan trampa, e toman posicións fora do ranking |
 |
| Iago leva controlado a cabeza |
 |
| Momento posterior a caída de Iago e Sergio o Corbelo sigue incumprido normas. |
 |
| Sergio sin sillin a piques de ser alcanzado por Iago |
 |
| Uxia marca Scractt en solitario |
 |
| Alex Esperón encontrase coa victoria, logo da caída de Iago e Sergio. |
 |
| Iago recuperando posicions logo da brutal caída |
 |
| Iago lanzase a un todo ou nada, chega recuperar ata doce posicións |
 |
| Iván resiste como líder no segundo grupo |
 |
| Uxia lidera o grupo |
 |
| Iago a un paso de alcanzar a Sergio na segunda volta logo da aparatosa caída. |
 |
| Ivan lidera un segundo grupo |
 |
| Uxia marcha en solitario |
 |
| O alto ritmo pasa factura a Máximo |
 |
| O C.C Corbelo asiste a un dos seus corredores, algo prohibido no reglamento. |
 |
| O C.C Corbelo asiste con auga a un rival, algo prohibido no reglamento. |
 |
| Nerea entra en meta lider nas dúas mangas |