sábado

TROFEO DE BETANZOS

Nova xornada de podios para os integrantes do club ciclista Teabikes


Iago intentouno ata propia linea de meta

O parque do pasatempos de Betanzos daba acollida a unha nova proba do calendario de miniBTT, o ter lugar a terceira edición do MiniBTT concello de Betanzos, onde un parque urbano ofrecía un circuíto de velocidade para os bikers asistente ata a cidade coruñesa de Betanzos.

A falta de desnivel do terreo convertía a proba nun circuíto de velocidade onde xa desde un inicio do día prevíase uns finais de carreira de infarto.

Nesta ocasión a mais pequena do Club ciclista Teabikes Nerea Soto non puido pasar da terceira posición, o haber ido o chan no transcurso da primeira manga, na que a pequena bikers foise o chan nunha das múltiples viraxes que ofrecía o interior do parque,a pesar de que se levantou con bastante rapidez atopouse cunha saída de cadea que a relegou ata a quinta posición sen poder optar a recuperar posicións o haber ocurrido esta a escasos metros da meta, xa na segunda manga do día Nerea conseguiu impoñerse pasando por liña de meta na primeira posición conseguindo así subir a terceiro posto do caixón rompendo a súa racha de imbatibilidade nesta tempada.

Compre destacar a brillante actuación de Uxía Soto que conseguiu unha vez mais subir o mais alto do caixón na categoría alevín fémina, demostrando a súa comodidade o impoñerse nas tres edición do trofeo MINIBTT CONCELLO DE BETANZOS.


Nerea momentos antes da saída

Xa na categoría alevín masculino onde o biker Iago González xunto co ciclista do Club ciclista Farto mantiveron unha feroz loita por acadar a primeira posición no transcurso de toda a proba, onde Iago González deu unha dura batalla ata o último milímetro o facer facer o último intento de adiantamento a escasos milímetros do paso pola liña de meta conseguindo rematar na segunda posición. Sen esquecernos mencionar a gran remontade de postos no ranking a Iván de Sousa que actualmente atopásese no posto 25 do ranking, xa que o non haber podido asistir a algunhas carreiras o inicio da tempada viuse relegado o posto cincuenta do ranking da categoría alevín masculino.


Ivan recuperando posicions


Entrada en Meta, IAGO deuno todo e a piques estivo de sorprender


Uxia salva sen problemas os saltos