domingo

TROFEO DE VIVEIRO


A sexta edición do mini BTT Concello de Viveiro, converteuse nunha das citas do calendario galego mini BTT con mais accidentados

Os participantes do MiniBTT galego desprazábanse esta fin de semana ata o concello de Viveiro para participar na sexta edición do trofeo deste municipio lucense que se desenvolvía no parque Pernas Perón, a carón da praia de Covas.

Un ano máis o circuíto de Viveiro converteuse nun dos máis accidentados do calendario galego o que espertaba o malestar de moitos dos participantes polo estado en que se atopaba o percorrido. Hai que ter en conta que ao discorrer por un parque con abundancia de piñeiros e eucaliptos, tiña no seu percorrido multitude de follas e cocas de eucalipto e que acabaron por converter, o que tiña que ser un circuíto mixto de axilidade e velocidade ─nun trazado sen apenas desnivel─, nunha auténtica pista de patinaxe que levou ao chan a case que unha veintena de participantes.

A biker de categoría alevín do club Teabikes ía vivir a xornada mais desafortunada da tempada, Uxía ía ser vítima de varias caidas e saídas de pista o perder tracción a súa bicicleta a consecuencia de gran cantidade de cocas de eucalipto presentes en todo o percorrido do circuíto. A pesar do accidentado da carreira Uxía conseguía rematar a proba nun gran e merecido segundo posto.

Xa na categoría de alevín masculino compre destacar a espectacular actuación de Iago González, que foi quen de poñer o público asistente en pé ante a forma de pilotar a súa bicicleta arriscando o límite na entrada das múltiples viraxes e o igual que a súa compañeira de equipo Uxía ía ser vítima de varias caídas como consecuencia das cocas de eucaliptos presentes no circuíto a pesar de ser unha xornada accidentada tamén conseguía un mais que merecido segundo posto no podio.

Tampouco estivo allea as caídas , Nerea Soto, pero grazas rápida reacción e ao feito da proximidade da liña de meta, Nerea conseguiu un novo podio no seu palmarés, rematando primeira na súa categoría.



Uxia Soto na segunda posición



Nerea Soto no primer posto


Iago tivo que ser atendido polos servicios medidos logo de varias caídas.


Logo de haber caido era quen de recuperar postos



Ivan de Sousa, non arriscou logo de ter que cambiar de bicicleta por mor dunha caida.



Nerea seguida de Ballester



Uxia dominou a proba ata a súa caida.



Iago demostrou o excecional estado de forma xa nas saídas