venres

TROFEO DE MACEDA

Brillante actuación no concello de Maceda, dous primeiros e un segundo posto pechan un fin de semana de festa do deporte.




Iago dominou a proba ata os últimos xiros, que foi adiantado.




Nerea nunha das súas habituais saídas



O pasado día 13 de agosto tiña lugar no concello ourensán de Maceda a proba mais agardadas polos bikers que participan do calendario de mini Btt galego. Como xa ven sendo tradición o club ciclista Maceda habilitou unha zoa de acampada para aqueles que achegarse nos días previos a competición.


Os bikers preparábanse para disputar a XII mini BTT Concello de Maceda, onde o club ponteareán teabikes estivo representado por Nerea Soto, Uxía Soto, Iago González e Iván de Sousa, como xa ven sendo habitual.


Uxía Soto alevín dominou as tres voltas

A prebenxamin Nerea Soto asinaba unha xornada perfecta o impoñerse nas dúas mangas correspondentes a esta categoría.
En categoría alevín fémina Uxía Soto poñía fin a racha de mala sorte que viña padecendo despois das dúas xornadas accidentadas, pero foi en Maceda onde coa súa fortaleza e clase sobre a súa montura de dúas rodas conseguía dobregar a mala sorte logrando unha vitoria mais para o seu palmares da presente temporada.

Na categoría alevín masculino compre destacar a gran loita que desde o inicio da tempada manteñen biker do club Teabikes Iago González co ciclista do Club ciclista Farto Sergio. O biker do club Teabikes lograba subir o segundo posto do podio afianzando o seu liderado no ranking galego de mini BTT.


Iván momento da saída













Tamén destacar o bo papel de Iván de Sousa no seu ano nunha categoría moi esixente como a de Alevín, acadando o final unha moi boa posición e moi boas sensacións para a temporada que ven.