sábado

TROFEO DE ARTEIXO

Ivan de Sousa e Iago González
Este domingo 20 de agosto o mini Btt galego desprazábase ata o concello coruñés de Arteixo por parte do noso clube partían : Nerea Soto, Uxía Soto, Iago González e Iván De Sousa para afrontar a antepenúltima proba do calendario de mini Btt na cal una vez mais os bikers asinaron una brillante actuación o conseguir tres podios, dous primeiros postos logrados polas irmáns Nerea e Uxía Soto e un segundo posto conseguido por Iago González. Nerea Soto amosou o público asistente o seu dominio sobre a súa montura de dúas rodas asinando unha brillante actuación impoñéndose nas dúas mangas das que se compón a proba na categoría prebenxamín.


Xa na categoría alevín a fémina Uxía Soto chegaba o concello de Arteixo coa firmeza despois de vencer no mini BTT de Maceda, de que a racha de mala sorte vividas no mini Btt de Salcedo e mini Btt de Viveiro son cousas do pasado e o igual que aconteceu en Maceda a Biker amosou o a súa fortaleza e clase sobre as dúas rodas o impoñerse unha vez mais sobre as súas rivais mais directas. Na categoría alevín masculino o público desprazado ata Arteixo foi testemuña directa da gran exhibición que desde o inicio da tempada nos están ofrecendo os bikers Iago González do Club Teabikes, Sergio Farto do Club Ciclista Farto, Álex Esperón do Club Ciclista Corbelo e Máximo Domingo Piña Club Ciclista Caimáns de Betanzos pola loita polos primeiro posto na que unha vez mais Iago González acadaba unha merecida segunda posición, onde foi obxeto de ataque dos catro de cabeza pero o
Pontareán mantivose frio e aguantou o seu liderato no ranking do mini Btt.



Imaxes da carreira e podium