sábado

TROFEO DE CAMBADOS







Nerea Soto, campiona Galega 2016


Este fin de semana o miniBtt Galego puxo fin a temporada 2016 en Cambados onde os bikers amosaron o público asistente as súas habilidades e dominio sobre as súas bicicletas, tiveron que afrontar considerables desniveis de terreo que nos ofrecía a III edición MINIBTT CONCELLO DE CAMBADOS que se disputou no milenario Monte da Pastora, a proba demostrou a resistencia, técnica e fortaleza dos participantes.


Estaba en xogo o liderato da categoría Alevín masculina pero Iago González remachou calquera posibilidade de ataque, si ben a categoría prebenxamin estaba resolta, Nerea Soto incrementou aínda mais a sua diferencia coa súa mais directa rival, e na categoria Alevín femina Uxia Soto tamén cun colchon de puntos o seu favor, declinou participar na última proba do minibtt.





Iago González campión Galego 2016


Nesta última proba o club estivo representado polos bikers Nerea Soto e Iago González, onde ambos asinaron os primeiros postos do caixon cada un na súa categoría, si ben Nerea Soto impoñiase nas duas mangas sen problemas e magistralmente a sua maxima rival e amiga Carla Ballester do C.C Betanzos o seu compañeiro Iago González aguantaba os ataques de Maximo Piña, do C. Caimanes de Betanzos, Sergio Farto do C.C Farto e Alex Experon do C.C Corbelo, sendo o Pontarean o que se levase a victoria.




Os integrantes do club Teabikes NEREA SOTO na categoría prebenxamín fémina , UXÍA SOTO na categoría Alevín Fémina e IAGO GONZÁLEZ na categoría alevín masculino obtiveron a maxima puntuación do ranking Galego.