sábado

TROFEO DE CAMBRE

Penúltima cita do calendario Galego de mini btt e os corredores do Teabikes volvían a firmar sendas vitorias nas súas respectivas categorías.
Nerea imbatible

Papel excepcional de Iván de Sousa que no seu primeiro ano de alevín vai situado no posto vinte do ranking, sen haber podido ir a todas as probas.







Uxía Soto primeira femina proclamase campiona galega 2016!!













Nerea Soto impoñíase na primeira manga sen dificultades, e xa na segunda manga tivo unha caída pero a escasos metros da meta dando unha lección maxistral daba caza a Carla Ballester do C.C Betanzos, recuperando a primeira posición.


Iago no primeiro posto


Uxía salva a subida logo dun atasco

Xa en Alevin, Uxía reselovia sen problemas e a un alto ritmo de carreira a súa primeira posición do podio, o circuíto foi moi técnico e con moito agarre, con tobogáns que deron algún susto o encontrarse con corredoras/es desmomandos.

Uxía remachaba o calendario Galego de minibtt como a primeira da súa categoría sendo Campiona Galega 2016. deixando xa entrever a súa non participación na vindeira carreira en Cambados.

Iago González resolvía de forma espectacular unha proba onde tomou nota dos errores cometidos o ano anterior, e quixo deixar claro que nesta temporada as caidas e lesións non lle ían privar de ser o mais puntuado do calendario Galego. A falta dunha proba será en Cambados onde se verá si o Ponteareán afirmase como campión Galego, xa que o seu amigo e rival mais directo no ranking e Alex Esperón do C.C Corbelo e esta temporada non lle esta poñendo as probas nada fáciles, si ben tamén entran na batalla polos últimos podios pero non polo primeira posición do ranking Galego os corredores Serxio Farto do C.C Farto e Máximo Piña do Caimanes de Betanzos.


Iago asegurase a entrada en meta

Iván na súa primeira volta


Nerea en posición de ataque, recuperará a primeira posición.

Uxía domina a subida a escasos metros de meta





Uxía a piques de rematar a proba encarando a subida


Iván resiste o ataque


Iago a tumba aberta