domingo

TROFEO DE CORISTANCO

Uxía Soto, amosou a súa calidade no Trofeo Concello de Coristanco




A pequena ciclista ponteareá, Uxía Soto, vén de engadir un novo triunfo o seu palmares da tempada 2016, esta vez na modalidade de estrada. A integrante do club Teabikes desprazábase o pasado día 10 de setembro ata o concello coruñés de Coristanco para disputar a o Trofeo Concello de Coristanco onde asinou unha brillante actuación.


Uxía Soto conseguía entrar entre os tres primeiros. Cómpre destacar que, a diferencia do que acontece nas probas de mini BTT, nas carreiras de estrada hai unha saída única onde as nenas e nenos saen todos xuntos, sen distinción de categoría feminina ou masculina.



Pese a iso, ao remate da proba foron moitos os encomios do público asistenta a proba, ao traballo realizado pola pequena ciclista xa que, moitos dos asistentes, non daban creto foron moitas as loubanzas por parte do público asistente que lle adicaron a pequena ciclista, xa que moitos non daban credito ao feito de que, unha femina alevín de primeiro ano, conseguira entrar na terceira posición da clasificacion xeral, por diante de moitos nenos alevíns de segundo ano.

Uxía Soto, que segue a ser un exemplo de traballo, tesón e calidade, amosou unha vez mais que hai rapazas que poden competir ao mesmo, ou maior nivel, que moitos dos rapaces.