sábado

Tarde de Entrenamentos

Iago Carrera e Uxía Fernández
Onte desprazabamos ata un monte cercano, para que os promesas e alevíns coñeceran o que un grupo de rapaces fixo nun monte cercano.E un lugar excepcional, xa que como sabedes no concello de Ponteareas non existe ningun lugar para a practica do minibtt, esperemos que as cousas cambien....

venres

A FIRMA MAXI DIEZ REDONDELA RENOVA CON TEABIKES

Angoares a 28 de Abril de 2017


A  firma Modas e Complementos MAXI DIEZ rexentada por JAVI RIAL situada en Redondela, renova un ano mais o seu compromiso co apoio o deporte base co club Teabikes.
Logo dunha reunión o seu responsable Javi Rial por parte de Modas e Complementos Maxi Diez tenda Redondela co presidente do club Xosé Henrique González, acorda un ano mais o apoio o deporte base.
O club TEABIKES agradece   este gran  apoio e recoñece o gran esforzo do pequeno comercio en prol do deporte base, desexándolle sempre o mellor.
O apoio fará posible o mantemento do club e a incorporación de novos rapaces as escolas.
O seu logotipo permanecera na equipación e recorrera todo o calendario  de  probas do minibtt por Galicia así coma as probas de escolas de carretera onde participen, sen descartar as probas onde participen o grupo master, será visible tamén no blog de internet  do club.


Nova colaboración con Cafeteria e Loterias Castelao


Onte tamén cerrabamos un pequeno acordo con Tino de Cafetería e Loterias Castelao, en breve iremos adiantando mais, pequenas colaboracions poden saír grandes sorpresas....

mércores

Benvida a NOÉ

Hoxe démoslle a benvida a NOÉ o seu primeiro entrenamento co equipo, é un promesa de primeiro ano, que trae folgos para dar e tomar.

domingo

MINI BTT ARTEIXO

Noé Arauxo no seu primer día.
Comezaba este fin de semana o minibtt, a primeira proba das dezanove calendadas este ano no calendario Galego, que levara os clubs mais comprometidos con este deporte a levar os seus raiders por Galicia en diante.
A cita era en Arteixo, e nun dia espectacular a cita rompeu co teito de participacións o haber un total de 380 raiders, dende os que se iniciaban ata os que xa estarán este ano na última categoría.



A cita  viña marcada por algunhas deshavenencias dentro do comité de árbitros o facer folga, tendo que a propia comisión de MiniBTT e Federación asumir as tarefas de arbitraxe.
Uxía Fernández na saída
O club Teabikes de Ponteareas asistía a cita, con ánimos de desfrutar un día, e así sucedeu.
En categoría Promesa femina debutaba Uxía Fernández que completando tres voltas o circuíto moi duro no seu inicio remataba a proba moi contenta.
Iago González celebrando o seu 4º posto
En categoría de Promesa masculino debutaba Noé Araúxo,  con licenza un dia probaba o minibtt e seguramente repetirá.
Xa en categoría Alevín Ivan de Sousa, debido a unha forte lesión non puido tomar a saída, pero si quixo desprazarse ata Arteixo dándolle moitos folgos os seus compañeiros.
Ivan de Sousa co seu amigo Ivan de Betanzos.
En categoría Infantil o turno era para Iago González que se estreaba en categoría e nunha excepcional saída como nos ten acostumbrados  resistía o envite dos bikers de segundo ano, onde  mantivo o pulso o longo das catro voltas nun circuíto moi duro, técnico e explosivo, e firmou a cuarta posición do podio.

As caídas foron outra parte do dia de onte, onde é algo habitual.





venres

Inicio de temporada de MINIBTT

Maña as 11 horas da maña comeza a temporada de escolas de minibtt, o club desprazaremos ata Arteixo (A CORUÑA) cos nosos raiders.
Imos a disfrutar dun día fantástico, a participar e sobre todo a pasalo ben, os resultados serán o menos.

Unha forte aperta e moitos animos a D. José Teixeira

Angoares a 22 de Abril de 2017

Estimado D. José Teixeria:
Dende o club Teabikes de Ponteareas, queremos mandarche unha aperta e moitos ánimos logo do fatal percance de trafico sufrido estes días.
Esperamos poder volver a verte no teu mellor estado o antes posible facendo gala  da túa profesionalidade, e dos anos que traballaches en prol do ciclismo de base.
Unha vez mais dende o noso pequeno e modesto club recibe unha gran aperta, e moitos  ánimos e agradecerche as reivindicacións publicas para que os que dirixen este pais, tomen mais medidas para unha practica segura do deporte que compartimos.
Atentamente
Xosé Henrique González Lago

Presidente TEABIKES

domingo

O CLUB TEABIKES participou no ENDURRAZO MTB Open Enduro de MOAÑA

O biker Adrian González en categoria Master 30 fixo unha excepcional participación nunha das probas mais espectaculares de Enduro. Desta vez foi en Moaña cun cartel de luxo e contou coa presencia de Toni Ferreiro.
O biker acadou unha meritoria 78º posición.